Triste comezo de mes de febreiro en Camariñas co falecemento dunha das súas veciñas máis destacadas. En efecto, este día dous do mes que recén sabíase que falecía Dª. María Ramos Canosa aos seus 66 anos de idade. Nai dos nosos queridos amigos Karina e Mikel, queremos dende esta redacción enviarlles un agarimoso saúdo e unhas profundas condolencias que con eles compartimos. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata as 19:15 horas deste martes tres de febreiro, momento no que se encamiñarán ata o Templo Parroquial de San Xurxo onde un cuarto de hora despois, ás 19:30; comenzará o seu funeral de corpo presente. Deixa Señora María dous fillos e seis netos aos que dende esta redacción enviámoslles o noso máis sinceiro pésame. Dª. María Ramos Canosa, Descanse En Paz e que Deus a teña na súa Gloria.