1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As rúas de Camariñas, en especial o seu Paseo Marítimo, alí nos arredores do Banco Pastor, fican máis tristes despois de que este xoves 15 de xaneiro de 2015 falecera un dos seus máis asiduos viandantes. Aos seus 61 era Francisco Barreiros Pasantes quen falecía, deixando un fillo, dous netos e unha irmá, a quen dende a redacción de Camarinas.eu enviamos un forte abrazo e as nosas máis sinceiras condolencias. Os seus restos están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín e o seu funeral de corpo presente terá lugar este sábado 17 a partires das 14:45 horas no gran templo camariñán adicado a Jesús e a relixión por él creada: a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Francisco Barreiros Pasantes, Descanse En Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.