1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nestes primeiros días dun novo ano, queremos transmitir á cidadanía a necesidade de asumir cada un de nos e sen máis demora, unha POSTURA ACTIVA na conservación e defensa da nosa natureza, da nosa mar e da nosa ribeira. A asociación Mar de Fábula e o colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte, contando coa colaboración do Concello de Camariñas, fan un chamamento a todos os que desexen participar na recollida e retirada de todos os plásticos acumulados nos coídos da praia do TRECE, ao pé do MONTE BRANCO.

Queremos comenzar o ano dunha maneira diferente. Queremos facer un traballo cargado de simbolismo. Desde o desastre do Prestige, nunca se fixo unha retirada de lixo nesta zona. Día da convocatoria : Sábado, 10 de xaneiro 2015 Lugar de encontro : Aparcamento do café-restaurante " O ARIÑO" , Xaviña, (a 3 kms da saída da Ponte do Porto dirección Camariñas). Hora do encontro : 1000 horas. Contacto : tlfno. 608609042 e nos facebooks de Mar de Fábula e do colectivo PX da Costa da Morte, onde iremos actualizando a información do acto. (Calculamos que entre as marchas e o traballo a facer, podemos botar toda a mañá, polo que recomendamos levar auga e bocata a todos os que queiran.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.