1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Preto do fin dun ano que apuraba os seus derradeiros días este 19 de decembro de 2014 unha familia emblemática de Camariñas enchíase de dor ao ver como falecía a que fora a súa esposa, nai, avoa, durante toda unha vida: Dona Benedicta Canosa Tajes morría aos seus 82 anos. Deixa cinxo fillos, entre eles persoalidades destacadas dentro da vida social de Camariñas como Juán José ou Moncho, persoal  do Concello de Camariñas, e un esposo, Don Ramón Canosa Arjomil, o que foi o zapateiro de toda a vida no Barrio de Corea. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín atá que mañán sábado as 16:45 horas se encamiñen cara o Templo Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde as 17:00 h. terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame e condolencias aos seus familiares, en especial aos seus fillos Moncho, Juan e Suso, grandes amigos desta redacción. Dona Benedicta Canosa Tajes, Descanse En Paz e que Deus o Noso Señor a teña na súa Gloria.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.