1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Esta sábado 21 de novembro deixaba este mundo ás 20:00 horas a veciña de Camariñas Dona Antonia Campos Hernández. Toñita de Campos, como era coñecida cariñosamente na Vila das Palilleiras, sofría hai exactamente unha semana un grave derrame cerebral polo cal estivo ingresada no hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Días despois e ante o mal estado da súa saúde os medicos decidiron que Dona Antonia fora a pasar os seus derradeiros días na súa vila natal ata que este sábado finalmente morría na casa da familia que a estaba cuidando. Dona Antonia está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá o seu corpo sen vida ás 14:45 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Antonia Campos Hernández. Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.