1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Que nos sepamos xa van tres hurtos na Vila de Camariñas no último mes. Hay escasas semanas uns descoñecidos entraban con forza pola ventana do baño da Cafetería Victoria, en pleno paseo marítimo Camariñán. Os asaltántes conseguirían levarse algúns artigos de valor do establecemento hostaleiro camariñán. Esta madrugada do xoves 20 de novembro producíase un acto sen precedentes na vila das palillieras cando eran asaltados pola forza dous establecementos comerciais en pleno centro de Camariñas. Os locais ("Peluquería Rosana e Sonia" e "Farmacia de Gabriela Trullenque") nos cales os amigos do axeno tentaron roubar distan entre sí escasos metros e foron asaltados rompendo sendas cristaleiras con grandes pedras. Ao parecer os ladróns non conseguiron levar consigo ningún obxeto de valor e ningún veciño da Rúa Tras Praza e da Rúa O Areal sentiron nada extraño esta madrugada. Ata o lugar dos feitos trasladouse a primeira hora da mañá unha parella da Garda Civil para tomar denuncia dos feitos así como o Alcalde de Camariñas Pichurri que pudo comprobar o alcance dos danos provocados nestes coñecidos establecementos da nosa vila. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos dar todo o noso apoio ás nosas veciñas Rosana, Sonia e Gabriela neste duro trance e ofrecer a nosa axuda en todo o necesario.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.