1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Martes negro o do primeiro día de abril en Camariñas. Sendos falecementos acaecidos con escasas horas de diferencia levan o pesar e a dor a toda a veciñanza camariñana. O primeiro dos caídos neste triste día era Don Ramón Blanco Carril sinalado burián de toda a vida, presidente que foi en varias ocasións da Comisión de Festas de San Xurxo, legado éste que soubo transmitir aos seus descendentes, varios dos cales sempre estiveron volcados na organización das festas grandes de Buría. Falecía Don Ramón aos 82 anos, deixa catro fillos e os seus restos mortais están sendo velados na súa casa familiar. O segundo gran foco de dor neste día negro hai que buscalo na Rúa Pinzón, onde residío prácticamente toda a súa vida Mª. Trinidad Riveiro Campaña, a cal tristemente falecía aos seus xoves 55 anos. Deixa Mari Trini dous irmáns con vida, Rosita e Juan, e tres sobriños. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín. Ambos enterros terán lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 2 de abril de 2014. Con todo o sentimento da nosa alma, vaia o noso máis sinceiro pésame por estes dous camariñáns que deixaron de existir un negro martes primeiro de abril do Ano do Noso Señor de 2014. Descansen En Paz e que Deus os teña na Súa Gloria.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.