- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 28 Mai 2014 28 Mai 2014
Precísase héroe camariñán urxentemente. Este foi o rogo desesperado que a Comisión das Festas do Carme acaba de dirixir a Camarinas.eu para que o faga público. E concreto necesítase un recaudador a xornada completa en Suiza, preferentemente un voluntario disposto a percorrer de xeito incansable as rúas de Delemont para ver de achegar os francos suizos necesarios para seguir facendo da nosa Festa do Carme a máis grande festividade da Costa da Morte. O patriota camariñán que decida sumir o envite lanzado pola comisión que saiba que será publicitado sen descanso en Camarinas.eu como homenaxe a unha persoa que foi quen de sacrificar o seu tempo libre para que a festa da vila da súa alma, aquela que honra á Patroa dos Mariñeiros, seguise sendo a mellor do Arco Atlántico. Interesados, poñerse en contacto ca Comisión. Vamosss!!