1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na recta final da preparación da Lumarea de San Xoán deste exercicio 2014, a comisión organizadora tivo unha feliz idea. A Asociación Lumarea da Vila ven de poñer en marcha entre os máis pequenos un concurso para elexir o cartel oficial que propmocionará a máis xigantesca pira incendiaria da Costa da Morte. A elo chegouse previa conversación co profesorado do CEIP O Areal para que entre o alumnado se elaborase unha proposta de cartel que dou lugar a unha preselección dos dez mellores, de entre os cales sairá o que finalmente resulte vencedor. A novidade ven determinada porque a elección farana os usuarios de facebook que dende este xoves 30 de maio xa poden votar a proposta que lles resulte máis agraciada. Para o gañador ademáis da gloria que supón ver unha creación súa promocionando a lumarea de San Xoán 2014 haberá un cheque regalo para gastar en libros nunha tenda da vila. Unha boa iniciativa, da que resultarán xustos xuices os usuarios camariñáns de facebook, e que non cabe se non enmarcar no paulatino proceso de engrandecemento do noso San Xoán acometido duns anos a esta parte por esa asociación exemplar chamada Lumarea da Vila.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.