- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 07 Febreiro 2014 07 Febreiro 2014

Este pasado 6 de febreiro un pouco máis e o Porto de Camariñas parecía o de Rotterdam. Ou o de Sebastópol, base da Flota de Guerra rusa do Mar Negro, ou o de Singapur, ou o de calqueira outra das populosas radas asiáticas narradas no seu día por Joseph Conrad, tal era a aglomeración de embarcacións de todo tipo que se acollían ao seu protector seno. Unha flota poderosa e ameazadora, engrosada por embarcacións chegadas de Muxía, Laxe, Corme ou Malpica, agazapada ao calor das pedras do porto mellor fortificado e seguro da Costa da Morte. Alí certamente os temporais Petra, Nadja ou Qumaira non deixaron signos dunha pegada que noutros puntos municipais sí asinou o habitual rosario de destrozos. Algún incluso non moi lonxe dalí, por exemplo na Mariña Seca do Club Náutico, onde un iate se lles caío con todo o equipo, ou xa con terra de por medio no Paseo de Area da Vila onde algunhas das pedras do seu malecón se desprenderon debido aos golpes de mar. Tan só dentro do porto a seguridade era absoluta, a semellanza do que acontece a cotío en portos míticos e populosos como os de Rotterdam, Singapur ou Sebastópol, cidade ésta, por certo non moi lonxana de Ialta, ambas na Península de Crimea, en cuio paseo marítimo facía Anton Chéjov en "La Dama del Perrito" surxir o seu amor pecaminoso a Anna Serguéievna e Dmitri Gúrov. Si o ambientara no de Area da Vila, igual acababan ambos no mar, cadeliña incluida.






































































Comentarios
A seguridade no porto de Laxe costará 50 millóns de euros. Pero que maneira de bailar co diñeiro...a seguridade no porto de Laxe, lamentablemente e por natureza é inviable..si melloras pero nunca garantias como ofrece o porto que debería recibir inversións para acomodar a cada vez máis crecente flota que busca un abrigo case seguro, faltan matices. Camariñas debe ser o referente, por lóxica común.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.