- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 14 Xaneiro 2014 14 Xaneiro 2014
Realmente era o único que lle faltaba ao peor inverno, o máis maléfico, o máis devastador, o máis agreste, en décadas. A imaxe máis típica da Costa da Morte tiña lugar na madrugada deste martes 14 de xaneiro de 2014 cando embarracaba en Reira a gabarra de nacionalidade moldava "Prima", de 105 metros de eslora, que ía en tránsito dende Odessa (Ucrania) a Riga (Letonia) cun cargamento de terra. O suceso acaecía á altura da pequena urbanización situada no lado dereito do camiño que leva ao Cemiterio dos Ingleses, cando o Prima que estaba a ser remolcado por outra embarcación debido á forte marexada existente na zona perdío o contacto co seu remolcador (o West, con bandeira das Antillas Holandesas) e fui embarracar nas pedras do litoral camariñán. Elo debíose a que rompío o cabo do remolque e fui enredarse na hélice. O cabo xa rompera a última hora da tarde preto do Cabo Touriñán, de xeito que o buque de Salvamento "Don Inda" que en principio se aproximaba ata o lugar para prestar auxilio ao Prima decidío finalmente remolcar o West e poñer así a salvo aos seis tripulantes do mesmo. Xa mañán de deste martes ata o lugar desprazáronse técnicos de Salvamento Marítimo procedentes da base estratéxica de Fene para inspeccionar o estado da gabarra e tomar as medidas pertinentes. Un lugar, epicentro de naufraxios dramáticos de distinto calado para a navegación, dende traxedias humanas insondables como a do Serpent, ata embarracamentos sen maiores consecuencias, no que tiña lugar este novo accidente marítimo do que en principio non hai que lamentar perdas humanas. Non podería ser ésta a única desgracia marítima dado o estado da oleaxe e as prediccións para os días vindeiros que alertan sobre un novo temporal, polo que dende esta redacción pregamos se extremen todas as precacións necesarias.
Comentarios
Los hay que no aprenden.
Y, como dicen algunos compañeros tertulianos: esto é a Costa da Morte, …e ,non hai quen responda. Cambio e corto.
Antonio Puertas
En resposta a alguns comentarios , teño que decir que tristemente merecemolo. Se fose un Prestige estarian alguns fregando as mans de gusto para vivir a conta de outra catastrofe natural, en cambio, se fose un veleiro en vez de ver un video de un barco sendo abatido polo mar estariamos vendo un video de unha embarcacion sendo saqueada por piratas como xa pasou e recórdovos que non hay moito tempo.
Enhoraboa por esas fotos!
Mais dito todo isto, ¿ que pobo ou cidade, non ten ou non tivo xente desa ralea ? Tódolos dias, vense noticias nos medios de feitos deplorables, e non por iso, a xente boa deixa de selo.
A maior parte da nosa poboación son xente honrada e traballadora que vive do mar ou do campo, sen necesidade de emporcallalas súas mans pa vivir da miseria dos demais.
As nosas xentes do mar, son as primeiras que acoden a salvar vidas cando estas están en perigo, arriscando as súas propias vidas. Exemplos témos a montóns; i eu, por experiencia propia dou fe, de que isto foi e segue sendo así.
As noces, sempre fan mais barullo cando as peneiran no sobrado, do que en realidade son.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.