- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 08 Xaneiro 2014 08 Xaneiro 2014
Por un lado estaba aquelo que soían repetir ano tras ano os nosos queridos parroquianos de que xa non había invernos como os de antes, que aquelo sí que eran temporais. Pois ben este recurrente mantra, reiterado xeración tras xeración dende que o mundo é mundo, derrumbouse con estrépito ca sucesión de temporais que recén comenzado o inverno 2013-2014 incendiou templos, electrificou casas, desbordou regatos, inundou atrios eclesiásticos, derrubou paseos marítimos, agrietou portos (Santa Mariña) e paseou polos muelles como pedro-por-su-casa, tirou con faros ao mar e tumbou embarcacións por ducias. Todo elo envolto nunhas temperaturas xélidas. Pola outra banda das frases manidas, Leopoldo Alas "Clarín", contaba que de xeito ineludible e inmisericorde, para os tertulianos do Casino de Vetusta cada inverno era sempre o máis frío que eles lembraban, menos un, obxecto de veneración solemne e lexendaria. Cal fose en concreto o tan mencionado inverno, eso era o de menos, o importante era a súa existencia misteriosa. Dous tópicos, dous lugares comúns, cada un no seu extremo, que foron barridos de xeito definitivo polo inverno máis duro que se poida acreditar con datos, signos e desgracias, aquel que comenzaba o súa xeira de destrucción un 21 de decembro de 2013 e que rematará (esperemos) alá por marzo do 2014.
Comentarios
Moitos invernos repetíanse episodios así, coma as de estas imaxes. O mar inundaba as casas, e todo o pobo estaba enfaenado en taponar con sacos de area as portas.
Eu non lembro o que acontecera en Muxía, tempo atrás, pero o contaban os meus pais e a xente maior, de que, en certa ocasión, os tombos de mar cruzaran o Coído ata desenvorcar dentro da ria. Esa situación, non se dou nesta ocasión, aínda que agora os danos foran moi superiores ( coma sucedeu, por exemplo, no santuario da Barca )
En fin, estamos na Costa da Morte, e contra ela, a precaución, é a nosa mellor arma.
Antonio Puertas
Mi estimado amigo Quevedo,cuan ciertas y verdaderas son sus palabras,me viene un pedo por la fuerza de mi risa ,no quiero ni busco nada en la vil politica ,tan solo mi estimado el buen regir de nuestros gobernantes,par a poder capear el temporal de hambre que nos va a acuciar,mas no se preocupe mi estimado pues ya estamos inventando procederes,entr e ellos el estrechamiento de nuestros estomagos y quizas con el tiempo el ver a nuestros hijos mas pequeños de tal manera que su hambre no sea tan abundante ,tambien esperamos que los sacos de los ricos se rompan y les vaya goteando alguna vil moneda para sustentarnos,un saludo estimado
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.