- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 25 Decembro 2013 25 Decembro 2013
Día triste, calamitoso, para a vila de Muxía, para a Ría de Camariñas e por extensión para toda a Costa da Morte. O derradeiro zarpazo do Temporal Dirk resultou ser o máis brutal e así este Día de Nadal de 2013 amanecía co Santuario da Virxe da Barca devorado por un lume devastador. As imaxes que comenzaban a filtrarse polos distintos medios de comunicación non podían ser máis impactantes, as dun teito convertido en xigantesca pira incendiaria. Pouco despois chegaba o mazazo final: tan só unhas poucas imaxes se salvaban dun incendio que reducira o retablo principal do século XVIII a puras cinzas. Incluso a propia imaxe da Virxe. As causas en principio apuntan a un raio que podería haber impactado contra un transformador cercano ao templo cas desastrosas consecuencias anteditas. Membros de Protección Civil de toda a comarca trasladáronse de inmediato ata a Punta da Barca, pero pouco podían facer para remediar o que constitúe unha hecatombe (cultural, arquitectónica, histórica, relixiosa) a engadir á memoria negra da Costa da Morte. O rastro do lume era claramente visible na mañán de autos dende outras ruinas, as do Castelo do Soberano, onde veciños da Vila das Palilleiras non podían evitar un profundo sentimento de dor, de inmensa pena, e de solidaridade e cariño cos seus irmáns do outro carón da Ría. Exactamente esa sensación de conmoción, de rabia, de afecto cos muxiáns, eran os que animaban á redacción de Camarinas.eu. Mércores 25 de Decembro de 2013, o día que a Barca ardío polos catro costados. Os camiños do Señor, son inescrutables.
FOTOS: FACEBOOK DE "A DE LOLÓ DE MUXÍA"
Comentarios
O alcance deste desastre, non se limita a ese pobo irma en concreto, se non que é extensible a toda Galicia, e, inclusive tamén a España.
Non esquezamos que a nosa Señora da Barca, xunto ca Virxe do Pilar de Zaragoza, ou Monserrat., ou a Merced.... é un dos grandes santuarios con advocación mariana, que en 1910 canonizara o papa San Pio X ( se non lembro mal )
A perda do seu retablo barroco do século XVIII, obra de Miguel de Romay, ou ó da Virxe dos Dolores, ou ó de San Miguel...son patrimonio de todos; e trasladan ás fronteiras da nosa Costa da Morte, polo seu valor arquitectónico e cultural que representan.
Queira Deus, que algo quede de todo isto, polo ben de todos.
Antonio Puertas
MUXÍA
Configura o mar e os ventos
un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socavando a súa entraña.
Polos buratos dos foxos
con nove voltas xa bastan
pa que se amañen os osos
dos tollidos que xa saltan.
Raparías e gaiteiros
entoan coplas e cantan,
brincando ó son dos pandeiros
e dos foguetes que estalan.
A Señora en trono d´ouro
engaiola toda a comarca,
e a vila garda o tesouro
que ven a Muxía en Barca.
A Pedra tomba cos ceos
e os diaños liscan das almas;
sorrí a Santa aos festeiros,
que, ata o día, non van pas camas.
Antonio Puertas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.