- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Decembro 2013 19 Decembro 2013

As Comisións de Festas andan que botan lume no noso Concello, tal vez eso explique o rexurdir glorioso das nosas festividades parroquiais en épocas recentes. Unhas comisións caracterizadas por presentar no seus exemplos máis salientables unha serie de importantes similitudes: xente nova, con gañas e ilusión, dispostas a traballar duro e aportar inxeniosas novidades en canto á organización de festas moi, moi antigas. Se en Xaviña andan estes días revolucionados por un grupo de impoñentes beldades comprometidas con revitalizar todo o conxunto festivo xaviñán, na parroquia na que comenzou esta auténtica revolución festeira, Camariñas, a Comisión de Festas que retomou a organización da máis grande festividade da Costa da Morte decidío facer un alto na súa dura andaina recaudatoria para elaborar un simpático e entrañable vídeo co que felicitar o Nadal a todos os camariñáns que ahí andamos ao longo e o ancho do mundo. Un vídeo colgado no canal de Youtube da nosa redactora Lucía, no que baixo a batuta do novo commander-in-chief comisional de Camariñas, o veterano Pedro, o membros da Comisión agradecen as mostras de cariño e compromiso recibidos dos veciños da Vila das Palilleiras, mostran que teñen corda para rato e alédannos os días de Nadal a todos os que levamos Camariñas na nosa alma. ¡¡Felices Navidades a Todos!

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.