- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Outubro 2013 27 Outubro 2013

Este domingo 27 de outubro de 2013 un recuncho da coqueta Praza de Colón de Camariñas está de loito. Alí foi onde vivío e criou aos seus tres fillos (Paco, Pedro e Corales) ao longo de prácticamente toda unha vida unha das máis senlleiras veciñas da Vila dos Encaixes que vía como aos 92 anos a súa existencia chegaba ao seu fin: Dona Avelina García Ozón. Todo comenzaba sobor das 11:30 da noite deste pasado sábado cando na súa actual residencia no edificio do Casino a Señora Avelina comenzou a sentir un intenso malestar, trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cara ás seis da madrugada chegaba o fatal desenlace. Todos aqueles que queiran acompañar á súa familia nestes duros intres poderán facelo acudindo a velar o seu corpo no Tanatorio San Vicente de Vimianzo estando a estas horas o momento do enterro aínda por determinar. Triste xornada de domingo en Camariñas que ve como unha das súas máis antigas e queridas veciñas se nos ía no derredeiro fin de semana de outubro. Camarinas.eu mostra os seus máis sinceiros respetos e o seu pésame máis dolorido aos fillos e netos de Sra. Avelina. Descanse En Paz e que Deus a teña na súa Gloria.

Comentarios
E, o meu sincero pésame a toda súa familia.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.