- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Agosto 2013 29 Agosto 2013

Camariñas prepárase para queimar os últimos cartuchos festeiros deste verán 2013. Este sábado celebrarase outra edición máis da Festa de San Ramón que contará este ano cun gran cartel na que destacan as orquestas Acirema e Ciclón que terán ao seu cargo amenizar a gran verbena nocturna do sábado 31 de agosto e que se prevee multitudinaria. Pero antes, a eso das 9 da mañá comezará a pulular polas rúas da Vila das Palilleiras a charanga Mekanika atronando rítimicamente cos seus tambores frenéticos. E xa a 1 da tarde celebrarase a tradicional misa coa procesión ao redor da igrexa de Camariñas en honor a San Ramón que rematará dun xeito espectacular (e atronador tamén) coa tira dunha gran traca de fogos artificiais que dará inicio á sesión vermouth da orquesta Acirema e que fará tamén as delicias dos máis chiquiteros. Camarinas.eu, coma sempre, estará presente outro ano máis neste acto para mostrar ao gran público camariñán as mellores imaxes do San Ramón 2013 de Camariñas.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.