- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Xaneiro 2008 15 Xaneiro 2008
Outro temporal asola a nosa costa

Imaxe do porto de Camariñas de hoxe martes ás 9 da mañá
Os multimillonarios expertos no cambio climático pagados moitas veces cos cartos de honrados contribuíntes vaticinaron un inverno seco e caluroso. Esperemos que acerten, pero o caso é que en menos de unha semana xa tivemos que sufrir dous temporales terribles.
Falando en serio, as autoridades avisan de que se ande pola calle o menos posible e se deixen as viaxes longas para outro día xa que o peor momento do temporal está por vir. Na costa a cousa é, se cabe, aínda máis cruda e os barcos permanecen amarrados fortemente no noso seguro muelle, aínda que xa temos que lamentar unha terrible desgracia xa que un barco de Ribeira foise a pique ao norte do Cabo Prior desaparecendo alomenos 5 mariñeiros. A alerta laranxa outra vez na nosa costa.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.