- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 23 Xullo 2013 23 Xullo 2013

Non o 18 senón o 19, sí que asaron ben na Diputación Provincial ao presidente popular. Vuelta y vuelta polo mestre asador Diego Calvo e listo para o paro ("ahora soy un parado más de los siete millones que hay en España"). Aféalle Daniel a conducta ao Goberno do seu propio partido nun millón de parados de máis, tamén pode ser que considere que o seu paro equivale polo menos ao de un millón de persoas, pero aínda máis sorprendente é constatar como nun acto dunha estupidez política insólita, os seus cinco concelleiros decidiron inmolarse voluntariamente xunto a el acompañándoo no duro trance de ser humillantemente abroncados en persoa polo propio Presidente Provincial. Ca resolución presidencial de data 19/07/2013, publicada no Boletín Oficial da Provincia deste martes 23/07/2013, pode darse definitivamente por concluida unha etapa da política en Camariñas. Posiblemente a máis vergonzosa e indecente da súa historia.
A estos efectos, xa resulta menos sorprendente constatar unha vez máis o carácter irremisiblemente cobarde da dereita española e o medo, pánico máis ben, que o diario El País sigue causando entre as filas populares: bastou un só artigo do antaño diario independiente de la mañana (publicado o propio venres 19/07/2013) para provocar unha marexada de tal calibre na sede da Deputación Provincial que acabou co noso querido amigo Daniel pasando a engrosar as filas do paro obrero. Pero tal vez elo apunte máis ben a que esta foi a gota que colmou o vaso, e que foi despois de presenciar en persoa cunha entrada de primeira fila a violenta velada puxilística da pizzería porteña, cando Diego Calvo tomou por fin conciencia da necesidade de proceder canto antes a unha limpia profunda e quirúrxica no Partido Popular de Camariñas. Chegaba tarde, xusto agora que se cumpren dous anos das primeiras escaramuzas no intento de golpe de estado que había de asolar o Club Náutico e no que un puñado de directivos abandoados por todos, o primeiro o seu propio xefe, resistiron heroicamente contra a maquinaria dun partido que se lles botou enriba por terra, mar e aire.
O seu presi finiquitado, os concelleiros voluntariamente inmolados, o prestixioso xurisconsulto do Río do Prado renegando do pasado, borrando todas as noticias de máis de cinco anos de ultradereita popular ao ataque desenfreado e tratando como unha cobra (tampouco vamos a pasarnos, culebra, máis ben) de cambiar de pel e presentarse como insobornable xornalista independente, futuro fustigador de todas as formas de poder, el que tanto tempo e tan abundantemente comío na man do seu antigo presidente, o resto da secta ultrafanatizada do Comité Local da que mellor xa para que imos a perder unha soa palabra en cifrar as súas posibilidades futuras... En verdade antóxase ciclópea e hercúlea a labor de conformar unha lista atraínte e seria para as vindeiras municipais por parte da Dirección Provincial, cuestión esta que deixou clara na citada velada boxística Diego Calvo cando ante os intentos reiterados do sector oficial de impoñer ao candidato porteño, calou aos presentes cun peto na mesa, advertindo que o futuro candidato popular en Camariñas o decidiría únicamente a Dirección Provincial e eso non sería ata o 2014. Tan só cunha limpeza profunda, radical, o PP poderá competir por fin nunhas condicións de auténtica igualdade co PSOE polo trono municipal. Nunca terá mellor oportunidade que xusto agora, facendo da necesidade virtude.
E agora xa falando de persoas serias, os que sí que non se queimaron en absoluto foron os membros da Comisión de Festas que o 18 de xullo organizaron, como en todo o demáis, cunha perfección milimétrica e absoluta unha impresionante, multitudinaria, maxestuosa e suculenta sardiñada en Area da Vila. Aquí en Camarinas.eu xa non é que nos quitemos o sombreiro, quitaríamonos o cráneo si puidéramos para honrar o traballo infinito de Rubén e compañía para organizar a Festa do Carmen do 2013. Nin con sete vidas os camariñáns poderíamos agradecer bastante o traballo desenrolado por este puñado de xóvenes patriotas da Vila das Palilleiras para levar a Camariñas ata os altares festeiros galegos. De tres, catro anos para aquí, o Carmen vai subindo en calidade de forma imparable e constante e cando pensas bueno este foi o mellor Carmen da historia, van estes e para o ano organízanche un aínda mellor. En verdade, chavales, esperamos sinceiramente, polo noso propio egoísmo, que ahí sigades moitos anos. Organizando en cada edición o mellor Carmen da Historia. ¿Y la parroquia? La parroquia totalmente agradecida.




















Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.