Cada vez queda menos...e a xente cada vez colabora máis. Unha ansia de ilusión colectiva estase a extender sobre Camariñas cunhas proporcións e unha intensidade poucas antes veces vista. Elo reflíctese especialmente nos donativos para a Festa do Carmen, segundo nos contaban os membros da súa comisión este mesmo mesmo mércores: os camariñáns levados en volandas por unha febre colectiva estanse a rascar os bolsillos dunha forma desencadenada e cada un segundo a medida das súas posibilidades, quen pode máis pois aporta máis, quen pode menos nestos duros tempos de crises políticas e económicas fai un esforzo pero algo sempre da para a súa festiña da alma. Neste sentido unha imaxe pode ilustrar perfectamente esta realidade: era amedia tarde deste mércores 4 de xullo cando sorprendíamos a Paco do Cotelo contribuindo por propia iniciativa a colaborar ca Festa do Carme. Un pequeno detalle que mostra ben ás claras o fervor e devocón detoda unha vila ca súa festa. Todoq uea pendente para o tempo que acompañará na semana máis importante do ano en Camariñas e como sempre Camarinas.eu está ao pe do cañón festeiro camariñán donando desinteresadamente imaxes para os sorteos de fotos emblemáticas de Camariñas que están expostas nos bares do Casino, Arnela, Victoria e Gaviota. A primeira foto xa tocou no Casino en 3 horas cubríronse os 100 numeros do sorteo. Outro récord máis que engadir ao Carmen máis esperado. Que impere a calma: cada vez queda menos.
+3#RE: Record de donativos para o Carmen —
Pueblo unido05/07/2013 19:51
Si el pueblo se une para hacer unas buenas fiestas ,al final las hace,aprovechando que el Pisuerga pasa por Valladolid en varios temas el pueblo deberia estar unido,que no nos separen tanto con problemas que no son nuestros,si al final lo que todos queremos es ser felices y pasarlo bien en compañia de los nuestros ,todo lo demas es secundario,no interesa,vayamos todps con alegria a pasar estas fiestas
+3#RE: Record de donativos para o Carmen —
Camariñas,camariñan06/07/2013 02:45
non vos esquecer nunca da festa do voso pobo,e unha fonte de auga pura que nos xunta a todos e rededor dela ,as festas son sempre algo mais do que a xente pensa ,e unha tradiccion que levamos dentro de todos nos e que temos que ensinarlle os nosos fillos ,pasemolo ben pero as festas do Carmen e algo moi importante pra os mariñeiros de Camariñas,xuntemonos e bailemos
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.