- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 02 Xullo 2013 02 Xullo 2013
Non contentos con facernos pagar os impostos máis altos de Europa a cambio de nada, de impoñer de forma constante e ininiterrumpida novas subidas impositivas, de voltar a incrementar o precio da enerxía, os políticos que nos gobernan esixen silencio e respeto: acostumados dende sempre ás maiores tropelías e escándalos queren un pobo soberano postrado e humillado aos seus pes e cando un forte continxente de mariñeiros, se xuntan para protestar pola enésima tolería dos mandameses políticos que nos gobernan na Xunta de Galicia, mandan aos seus batallóns policiais para que os protexan da temida masa a pau limpio. Incluso recurrindo a golpear salvaxemente a un rapaz menor de idade que non facía outra cousa que acompañar a seu pai nun acto no que este defendía o seu dereito a gañarse dignamente a vida.
Esto, que apeleen como a unha bestia a un fillo menor de idade diante do seu pai, non deixa de ser o signo dos tempos. Unha nación que se abate na cada vez máis crecente pobreza como consecuencia do saqueo (vía impostos) ou roubo xa directo duns políticos que mandan aos seus corpos de guardia a atallar pola vía expeditiva toda protesta social. Nesta ocasión foi en Santiago o luns 1 de xullo cando varios centenares de desesperados naseiros chegados de toda Galicia protestaban contra o último disparate evacuado dende os elegantes e enmoquetados despachos da Consellería de Pesca. Entre eles estaba o noso querido amigo o Jordo, patrón do Praia de Traba, que xunto ao seu fillo Anxo, se concentraba en San Caetano para protestar contra as draconianas medidas impostas a sangue e fogo pola Xunta na pesca do pulpo. Unha decisión que levantou tal clamor de indignación en toda Galicia que numerosos alcaldes tomaron partido e puxéronse ao carón dos seus mariñeiros, entre eles incluso algún do PP. Nada que ver por suposto ca posición do PP camariñán, sempre máis interesado en protexer ao seus amos do partido que aos seus veciños: aqueles pagan soldos (con cargo ao erario público) e reparten cargos e ao pobo, xa se sabe, que lle vaian dando. Neste caso paus a diestro e a siniestro contra un pequeno grupo de indefensos mariñeiros por parte dun batallón antidusturbios da Policía Nacional que máis parecían Robocops en movemento que outra cousa.
Vaia dende aquí, a nosa máis sinceira e indignada solidaridade co noso amigo o Jordo, o seu salvaxemente apaleado fillo Anxo, e toda a súa familia. Foi ver estas imaxes que agora reproducimos no facebook e fervernos a sangue. Sen embargo, no estado actual da situación, quizáis todos debamos ser conscientes do que se nos esixe: deslomarse a traballar, pagar os impostos máis altos de Europa cos que manter a casta política máis numerosa e saqueadora do continente e calar. Porque si non os seus batallóns policiais xa nos farán calar a pau limpio.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.