- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 31 Mai 2013 31 Mai 2013
Se ben en canto ao esforzo desenvolvido, os resultados espectaculares e o éxito prácticamente asegurado a Comisión da Festa do Carme optou por unha liña continuista respecto ao exercicio anterior, en cambio apostou decididamente polo cambio en canto ao diseño do cartel. Non polo que se refire ao artista elexido para levar a cabo de xeito desinteresado tan honrosa distinción, que un ano máis foi o Director de Camarinas.eu Diego Alonso Freire, senón polo que atinxe ao impactante color bermello que ilustra o fondo do programa de festas. Polo demáis si cabe mencionar un aposta arriscada: a víspera queda reducida a un repique de campás as 12:00 da mañá do luns 15 de xullo e ao estourido de 21 bombas de palenque. Este ano veremos unha procesión co persoal fresco como unha leituga, posiblemente o evento destas características máis sano da historia. E eso que, unha vez demostrado de xeito empírico e inobxetivable por Rafael Lema, falamos dunha festa con alomenos 271 anos de antiguedade.
Polo demáis será ás 9:30 horas do martes 16 cando cunha alborada comence o epicentro volcánico da maior explosión piroplástico-festeira da Costa da Morte, encargándose trala procesión da sesión vermouth a Orquesta La Bámbola, acompañada na verbena por Marbella e Disco Móvil MM. Obviamente a partires da 1:00 uns espectaculares fogos artificiais farán pequenas as demostracións pirotécnicas da China das épocas do Emperador Kubilai Khan. O mércores brinda asemesmo un programa completo de actuacións con banda de música, as gaitas de Abrindo Rejo, a misa cantada pola Coral de Camariñas e a sesión vermouth e verbena a cargo de Nueva Generación e a París de Noia co complemento por segunda noite consecutiva da Disco Móvil MM. O xoves novas sorpresas: a sesión vermouth terá lugar en Area da Vila a cargo dunha orquesta sorpresa como aperitivo da xigantesca sardiñada que como cada ano en data 18 de xullo cumprirá o seu ritual. Actuarán os Panchos do Jolfendro e distintos grupos folklóricos, dando comenzo ásemesmo a 2ª Feira Medieval Mariñeira da historia de Camariñas. A partires da 1:00 da mañán velada con Armonía Show e Panorama, tripitindo Disco Móvil MM.
Para o venres, máis novidades, a Charanga Támega promete un pasarrúas maratoniano de 12 horas a través de toda a Vila de Camariñas ata que ás 11:00 horas as Orquestas Ciclón e Olympus e unha Disco Móvil MM que cuadriplica o seu night fever camariñán acometan a verbena nocturna. Todo elo para que finalmente o sábado 20 Metrópolis se encarge de amenizar vermouths e chiquitos variados, ás sete da tarde as mexicanadas volvan a reinar de xeito absoluto en Camariñas como nos seus grandes días de ouro das décadas dos 70 e 80 e como aperitivo a unha verbena que arrincará ás 23:30 a cargo de Cinema e Metrópolis e unha Disco Móvil MM que completa así o seu repóker de ases, unha queimada gratuita sacie a todo aquel que asome os seus sedentos beizos polo Mercado Medieval. Precisamente para este emotivo homenaxe á alma mercantil dos nosos antergos medievais se consagrará en exclusiva o domingo 21 de xullo, alí cando a maioría dos corpos xa anden un tanto desfeitos, todo elo baixo os sons de clavicordio, cítaras e bandurrias da Charanga Medieval Mariñeira.
Unhas festas espectaculares, cun programa innovador e valente, cuio cartel un ano máis publica en rigurosa exclusiva esta redacción, para a cal foi un orgullo e un honor colaborar de xeito desinteresado aínda que fora mínimamente na organización da festa do seu pobo, sen dúbidas a máis grande festa do mundo. A Festa do Carme do Ano do noso Señor do 2013 xa está aquí. Agora, sinxelamente, a desfrutar.
Comentarios
e isto será por todos os anos ata que un pobo chegue a ter mais de cen vitorias sobre o outro,que ben o imos a pasar cando gañemos, pois iso xa é seguro, váianse preparando poden participar todos ,o único é que non poden facer e votar,so os da comisión de expertos
Franklin Delano Roosevelt fue presidente de Estados Unidos entre 1933 y 1945, cuando falleció. En una ocasión le preguntaron por qué pertenecía al partido demócrata y contestó: mi abuelo y mi padre pertenecieron a ese partido, por eso pertenezco yo también a él.
-Así, el pintor le contó el caso a Manolito y le pidió que siendo el otro tan solo un alcalde y él un diputado, se hiciera valer y pusiera fin al abuso.
-¡Vaya cerdo! Debe ser un alcalde reaccionario. Déjemelo de mi cuenta, hablaré con el ministro Pepito
-Esta fue la respuesta del diputado en un primer momento, de la que hubo de retractarse después de un tiempo.
-No he podido hacer nada sobre el caso de aquella maestra. Resuelta que el alcalde es de nuestro partido.
-Como vemos, nada nuevo bajo el sol. Ya entonces imperaba esa forma de pensar tan partidista, nunca mejor dicho, en la que haga lo haga alguien, si es de los míos, bien hecho está.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.