- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Mai 2013 29 Mai 2013
¿Dispersar a capacidade artillería nun vasto campo de operacións ou ben concentrar toda a potencia de fogo nun só foco de impacto? Esto é, ¿múltiples e variadas lumareas ao longo de cada un dos distintos barrios dunha poboación ou ben unha soa xigantesca que aglutine a todo un pobo nun único epicentro volcánico? Esta derradeira parece ser a opción elexida pola Vila de Camariñas para que a través dunha encomienda á súa principal asociación incendiaria, Lumarea da Vila, se leve a cabo cada 23 de xuño a súa multitudinaria festividade de San Xoán. Unha pira de tais proporcións que posiblemente sexa a única de todos os contornos en ser albiscada dende os satélites da estratosfera exterior.
O conxunto de actuacións programadas un ano máis non pode deixar de sorprender polo seu abigarramento e gratuidade: dende as 20:00 da data en cuestión a Asociación Lumarea da Vila en vez de disparar contra o concello demandas a diestro e siniestro e deixarse mangonear políticamente, colabora co mesmo na organización do evento e ofrece a tódolos veciños da vila unha xigantesca sardiñada gratuita e a mellor música verbenera da man do Combo Dominicano e a Factory Disco Móvil. Antes porá a disposición dos máis pequenos hinchables e animacións musicais. Todo como preludio do devastador incendio que a partires da medianoite calcinará os ceos camariñáns e que extenderá a noite máis meiga do ano ata altas horas da madrugada. É de agradecer, visto no que lamentablemente se convertío parte do texido asociativo local. Xa o decía en tempos un colaborador desta casa: demasiados presidentes e (sobre todo) demasiados secretarios. Ex-secretarios tamén.
Comentarios
Para conmemorar esa data, os cristiáns do medievo acendían grandes laradas e celebraban diversos ritos ao seu ao redor. Neles sempre estaba presente o sinal da Cruz
Nós non temos mais futuro que o largarse coa maleta,agora xa o que nos toca estudar é a que país marchamos ,o claro pasa por ser o bastante intelixente para darnos de conta no país bananero que estamos vivindo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.