- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Xaneiro 2008 12 Xaneiro 2008
Un temporal de mar, chuvia e frío en Reira

Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca
Os redactores de camarinas.eu achegáronse na tarde deste sábado 12 de xaneiro ata a nosa querida Reira coa sana e lúdica intención de sacar unhas fotos complementarias para os Camariñas Beauty atrasados, unhas fotos que farán que vos chupedes os dedos, pero o temporal que alí atopamos dificultou sobremaneira o noso propósito de inmortalizar a estas dúas deusas da beleza. Pero eso sí, asistimos ao espectáculo inigualable dun temporal de mar, chuvia e frío en Reira, posiblemente o conxunto de praias e paisaxes máis fermoso do mundo.
Para ver a noticia enteira pulsa na foto.
O temporal tirou ao mar coa "casetiña do amor"

As parellas de enamorados terán que buscar un novo nido de amor tralo colapso da casetiña
Unha vez que a expedición fotográfica de camarinas.eu chegou a Reira, alí atopámonos con algúns vellos coñecidos como o "Ruso da Aldea" que estaba a traballar duramente na recollida selectiva de herba para darlle de comer ao seu burro, e tamén a un fiel usuario que rexenta xunto á súa muller o café-bar "O Arnela", un dos bares de cabeceira dos redactores desta web, é decir, Juan de Penedo, e alí poidemos ver como o temporal tirara coa casetiña de madeira que o Ministerio de Medio Ambiente puxera xusto enriba da Praia Grande para dar información aos turístas durante o verán, e que unha vez que pasou a estar en desuso converteuse nun nido de amor, nun refuxio para parellas de enamorados que, a falta de algo mellor, alí se acurrucaban para desfrutar do seu amor furtivo ao son do mar, En fin, a casetiña deixounos. Vino como se fue: Sin pena ni gloria.
P.D: Bueno, como podedes ver, as noticias están sendo un pouco penosas...aquí non queremos enganar a nadie, non queremos vendervos ningunha moto. A verdade é que estas noticias son bastante chorras pero, ¿que queredes? de algo haí que falar. O caso é que tiñamos unha boa foto e había que buscar unha excusa para publicala. Agora sí, se queredes unha boa ración de política para eso xa hai outras páxinas. En todo caso, gracias por seguir ahí nos malos tempos. Un saúdo e un forte abrazo a todos os nosos usuarios: sodes o mellor desta páxina!
Comentarios
Pon mais fotos destas porfa ! Non imagixinas canto o poñemos de menos por aqui en Suiza !
Saludos a todos / as
Un saudo a tod@s que entrades nesta páxina
Xoan
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.