- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Xaneiro 2008 12 Xaneiro 2008

Despois de queimar papeleras, containers e casas abandonadas ¿Cal será o paso seguinte?
Os trasnoitadores (que non chiquiteros) que estaban a tomar unhas máis que merecidas copichuelas sabáticas nos pubs da parte alta de Camariñas, na madrugada do venres poideron ver con sorpresa como o camión de bomberos, un operativo de Protección Civil de Camariñas e a mesmísima Guardia Civil se movilizaban sobre a 1:30 da mañán para combatir un lume provocado polos pirómanos habituais na antiga casa da familia Pereira situada a escasos metros do famoso e peculiar barrio camariñán das Malvinas.
Estos actos de vandalismo gratuito son obra dun grupo de adolescentes máis ou menos por todos coñecidos. Aínda que nestes casos a familia soe ser a última en enterarse, estos pais deberían facer un esforzo para saber o que realmente fan os seus fillos no seu abundante tempo de lecer, porque polo de agora o único damnificado foi o mobiliario urbano que todos costeamos cos nosos impostos, pero onte xa se dou un salto cualitativo prendendo lume a unha casa abandonada co risco conseguinte de que o fogo se expandira a outras vivendas, polo tanto a próxima vez xa non sabemos o que acontecerá.
Tal vez a mellor solución para toda esta estupidez provocada por un ataque de pubertad incontrolada e dunha escasísima educación sería que alguén que sabe realmente o que está a acontecer llo dixera aos pais dos implicados, para que éstes cun pouco de "mediciña casera" puxeran en vereda aos seus retoños. O mellor sería que se arranxe esto na casa antes de que teña que arranxalo un xuiz.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.