Dramático final de mes de abril de 2013 en Camariñas nos que a vila fica absolutamente conmocionada co falecemento de dous dos seus veciños máis queridos, máis respetados, máis definitorios dunha poboación e da súa forma de ser, de entender a vida, de vivir, que se nos foron das mans para sempre no breve lapso de 24 horas. Primeiro, o noso querido compañeiro José López Vázquez "Molina" e tristemente hoxe, víctima dun cáncer, outro gran amigo desta redacción, camarada do Café Bar Arnela: Juan Campaña Castro "O Corroso". Camariñán vinculado dende sempre o mar, foi propietario durante longo tempo dun barco clave dentro da flota da Vila das Palilleiras, aquel que portaba o seu propio nome "Corroso". Afable, amable, respetuoso, sempre o podíamos ver no local emblemático de Corea ata que hai uns poucos anos a súa saúde comenzou a resentirse. Comenzou entón pouco a pouco unha recuperación paulatina pero imparable que facía que non hai moitos días o poidéramos ver cun aspecto fantástico no Arnela. Nembargantes unha neumonía fulminante nos dos seus pulmóns acabounos privando para sempre da compañía de Juan O Corroso aos seus 54 anos. Deixa esposa, dous fillos e dous netos, polos que literalmente toleaba. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente, como non, outro máis, en Vimianzo, e o seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 1 de maio ás 16:00 horas. Triste noticia 3.000 de Camarinas.eu, a do falecemento dun amigo e compañeiro, outro máis que se nos vai para sempre. Juan, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na Gloria.
Apenas fai unhas horas, estaba a dar o pésame polo falecemento de “ MOLINA “, e, hoxe, as miñas CONDOLENCIAS, teñen que ir por outro emblemático camariñán: JUAN CAMPAÑA “ O CORROSO “ ¿ Quen pode non estar agradecido a estes CAMPAÑA, sempre afables e xenerosos; sempre dispostos a acudir en auxilio dos náufragos da nosa costa… ? ¿ ¿ Quen pode dicir que non levou pa súa casa unha bolsa chea de sardiñas destes auténticos lobos de mar…? Eu, dende logo, son o primeiro que se beneficiou de tanta xenerosidade. Estabas a pedir catro ou cinco pa pescar, e saías cunha bolsa a estourar… Así fora, tamén, este home de espléndido, igual que o son todos os nosos mariñeiros. Tanto da que séas forasteiro descoñecido, amigo, ou, simplemente, xente de paso… Pa todos había peixe en abundancia. GRAZAS, JUAN, pola parte do quiñón que levei, sen ir embarcado no teu barco. Que Deus, noso Señor, cho recompense con creces no ceo.
Comentarios
¿ Quen pode non estar agradecido a estes CAMPAÑA, sempre afables e xenerosos; sempre dispostos a acudir en auxilio dos náufragos da nosa costa… ? ¿ ¿ Quen pode dicir que non levou pa súa casa unha bolsa chea de sardiñas destes auténticos lobos de mar…? Eu, dende logo, son o primeiro que se beneficiou de tanta xenerosidade. Estabas a pedir catro ou cinco pa pescar, e saías cunha bolsa a estourar… Así fora, tamén, este home de espléndido, igual que o son todos os nosos mariñeiros. Tanto da que séas forasteiro descoñecido, amigo, ou, simplemente, xente de paso… Pa todos había peixe en abundancia.
GRAZAS, JUAN, pola parte do quiñón que levei, sen ir embarcado no teu barco. Que Deus, noso Señor, cho recompense con creces no ceo.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.