- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 10 Abril 2013 10 Abril 2013
Como supervivientes, buscavidas e apóstoles da destrucción non os vai haber só en Camariñas, duns anos a esta parte surxiron ao logo de todo o mundo os apoloxistas do así chamado quentamento global. Mascaróns de proa da Industria do Medo, preconizaban nos seus escritos, vídeos e obras acerca unha destrucción global asegurada e así imaxes de pantanos sedentos, de tifóns apocalípticos, de inundacións sureñas e quen sabe que máis servían para golpear inmisericordemente ao espectador atemorizado, facerlle tremer ante a ruina que se lle botaba enriba e de paso cobrar unhas suculentas prebendas a cambio do traballo realizado: vender fume, puro fume. Porque algo debío fallar cando ás alturas dun 10 de abril de 2013, en vez da desertización preconizada, atopamos un rastro perpetuo de seis meses de chuvias inclementes, un frío propio doutras épocas, uns temporais que amarran a flota a porto e unha desazón e zozobra ante a primavera que non chega.
Outro exemplo, un máis, da anterior e políticamente incorrecta aseveración o podíamos atopar na mañán deste décimo día do mes de abril de 2013 na Vila de Camariñas. Vento furacanado, moita choiva, mar desencadeado e ceos turbulentos, cunha previsión de serio empeoramento para a tarde da data de autos. Con todo o peor non sería esto: a medio plazo os partes metereolóxicos non indican cambio de tendencia e unha poboación xa hastiada perde a ilusión dunha metamorfose climática e déixase levar. ¿E si ao final os apóstoles da destrucción erraron a dirección do tiro e en vez dun quentamento global, das chamas do inferno, ante o que realmente estábamos era ante un enfriamento global, unha glaciación xélida e prehistórica? Pois nese caso a vender a moto e a seguir vivindo do cuento. Porque supervivientes, buscavidas e apóstoles da destrucción non os vai haber só en Camariñas.

Comentarios
Todo festa, vamos.
Wert, a la Generalidad: "Las resoluciones judiciales hay que acatarlas"
De esta manera, el ministro ha contestado a la consejera Irene Rigau, que ayer avisó que no va acatar las últimas resoluciones del TSJC.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.