Cara ás 8 da mañán deste venres 5 de abril de 2013 no Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro", o antigo e histórico Hospital de Beneficiencia Municipal Labaca da Coruña, con vistas á ría da cidade herculina, falecía o noso querido amigo Benjamín Pasantes Tedín. Facíao a unha edade relativamente temperán, aos seus 45 anos, como consecuencia do cancro fatal que despois de facerse forte no corpo deste camariñán de toda a vida acabou de extenderse polo mesmo desencadeando o triste suceso que dende está mañán aflixe aos veciños de Camariñas. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo en espera de emprender o seu camiño final cara a vila que o vío nacer na tarde deste sábado onde ás 15:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias cara a familia e amigos deste novo camariñán que se nos vai víctima dun cancro, o gran mal do noso tempo. Benjamín, amigo, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Gloria. D.E.P.
Benjamín. coñezoche desde cativos. Sempre quiséchenos ben ó meu irman François, ó meu primo José Mario e a min. No noso recordo quedarás para sempre, "Beauty"
Comentarios
Antonio Puertas
No noso recordo quedarás para sempre, "Beauty"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.