Ninguén podía pensar que noutra das viaxes a lomos do seu potente camión Volvo, aquela que o levaba a circular polo kilómetro 459 da A-6 cara ás cinco da tarde do domingo 10 de marzo de 2013, a altura do Concello lucense de Baralla, sería o derradeira para o noso querido amigo José Antonio Espasandín Canosa. Alí, na cuneta da carretera tras o reventón dunha roda traseira, por causas ata o de agora descoñecidas, falecía aos seus 44 anos este camariñán e camioneiro profesional. Facía uns sete anos que dende Arxentina acompañado da súa esposa retornaba á Vila das Palilleiras, onde formou unha familia con tres fillos (Saviola, Facundo e Micaela) e axiña se integrou sendo querido e respetado polos veciños. Aínda este verán podíamos velo feliz e ilusionado ante o bautizo da súa pequena Micaela. Foi por elo que Camariñas recibío con dor e disgusto o falecemento deste novo veciño que se nos vai. Os restos mortais de José Antonio están sendo velados actualmente no Tanatorio San Vicente de Vimianzo de onde partirán cara as 16:30 horas deste martes 12 de marzo ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende a redacción de Camarinas.eu o nos máis sinceiro pésame e condolencias cara a esposa e os tres fillos de José Antonio así como para todos os seus familiares. José Antonio Espasandin Canosa, que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.