- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 30 Decembro 2007 30 Decembro 2007
Panorama e Olympus enchen o Polideportivo Municipal

Este sábado 29 de decembro o Club Balonmán Camariñas celebrou a súa festa anual no polideportivo de Camariñas na que actuaron dúas das mellores orquestras de Galicia: Panorama e Olympus. É de destacar o ambientazo que alí se vivío, con xente que non podía parar de bailar, acádandose según os organizadores unha entrada próxima ás 1.300 persoas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos.
Segundo fontes da directiva o número de entradas vendidas acadou unha cifra próxima ás 1300 conseguindo polo tanto unha importante cantidade que supoña unha pequena axuda coa que financiar os gastos do clube de balonmán máis importante da Costa da Morte. Así, todos os que onte se achegasen ao polideportivo poideron comprobar que éste estaba completamente cheo con xente de tódalas idades que bailaba ao son de dúas orquestras de primeiro nivel ,con persoas incluso nas gradas e cunha cantina na que o ambiente cubateril botaba lume.
En resumen, a festa foi todo un éxito de público e as orquestras soaron impecables, a organización do evento pola directiva do CB Camariñas foi caseque perfecta (non ao estilo camarinas.eu é dicir, destartalamiento puro), a xente estivo a bailar ata as 5 da mañán hora na que se puxo fin a festa, e tal e como poidemos comprobar este sábado 29 de decembro, o pobo de Camariñas estivo de festa en festa. O seu estado natural.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.