- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 17 Febreiro 2013 17 Febreiro 2013
O enésimo batacazo xudicial, o derradeiro ridículo xurídico, en recaer sobre os maltreitos, demolidos e vapuleados lombos de Viproga SL vía a luz este pasado xoves sete de febreiro de 2013. Ese día o Maxistrado titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, D. Andrés Lago Louro, confirmaba en todos os seus términos a sentencia absolutoria dictada polo Xulgado de Paz de Camariñas en xuño de 2012 por un suposto delito de coaccións e ameazas, desestimaba o recurso de apelación interposto contra o citado pronunciamento xudicial por Úrsula Rego Sternat, deixaba no ridículo máis absoluto ás testemuñas que esta acarreou da súa man ata o xulgado corcubionés e sumía aos titulares de VIPROGA SL nas tinieblas xudiciais máis densas e impenetrables que recorde a historia do Dereito Español. Sete batacazos de sete: todo un pleno de despropósitos xurídicos en pouco máis de un ano que foron extensa e minuciosamente glosados por Camarinas.eu e que pasarán aos anales do esperpento.
Dentro de todo este rosario xudicial que os okupas ilegais puxeron en marcha no momento no que decidiron asaltar a sangue e fogo o Club Náutico de Camariñas e secuestrar pola forza as súas instalacións, si había un denuncia especialmente rídicula, esperpéntica de puro estúpida, foi a dos varóns fornidos que invadiron un domingo de xaneiro o bar cafetería e como si dunha película de Terence Hill e Bud Spencer se tratara empezaron a trompadas con toda aquela xauría violenta e radical que pretendía apoderarse polas bravas do CNC. Feitos que mentras provocaron no seu papá serios problemas gástrico-intestinais ("el y otras personas sufrieron un pánico terrible"), permitiron que a súa filla se presentase durante un tempo ante os xornalistas da edición de Carballo de La Voz de Galicia como unha esforzada heroína do feminismo postmoderno, unha Juana de Arco náutica: "son unos cobardes que permitieron que se ofendiese y amenazase a una mujer". En situacións así un lembra aquel episodio da serie de animación Futurama no que ante as andanzas dunha agresiva abogada feminista, incomprendida nun mundo de homes ("Ally McNeal"), un dos persoaxes daba a resposta axeitada para explicar tales roles: "igual únicamente es una excusa para esconder su propia incompetencia".
Andan os redactores que o presente subscriben un tanto indecisos a conta da recente e voluminosa subida das taxas xudiciais decretada por ese arribista profesional e ministro chamado Ruiz Gallardón, pero con todo vese que como contrapeso da mesma tal vez evitarase a interposición de demandas ridículas de todo tipo que o único que fan é sobrecargar de traballo a uns exhaustos xulgados e tribunais, diferir a resolución dos asuntos pendentes e conquerir que a nosa Xustiza sexa a máis lenta do planeta. Agora en verdade un dase conta que non sabía ben o Maxistrado corcubionés D. Andrés Lago Louro a que se viña enriba cando unha vez derrumbadas con estrépito as aventuras empresariais de VIPROGA SA, perseguidos os seus xerentes por acreedores de todo tipo (Torero del Moroso incluido), arruinados ata a extenuación, fuxían de estampida de Santiago e acollíanse a Camariñas como último refuxio. Dende ese mesmo momento no que asentaban o pe na Costa da Morte, poñíase en marcha por esta problemática familia a maior maquinaria de xeración de denuncias, controversias e problemas que viron os séculos por estes pagos. Todos eles para rematar do mesmo xeito, eso sí: expulsados xa implacable e demoledoramente pola Xustiza das instalacións do CNC seguen a recaer sonoros sopapos xudiciais sobre os reblandecidos e abotargados mofletes de Viproga SL en xusto castigo ao seu suicida rosario de denuncias de todo tipo. Un martirio sen fin que agota os episodios nos que a suposta empresa de hostelería foi a actora e que agora, unha vez agotado o fluxo, promete episodios de gloria para o futuro cando comence o refluxo inacabable dos casos que están por vir nos que os representantes de VIPROGA SL serán os denunciados.
Así pois, igual xa un tanto cansado de tanto despropósito, o Xuiz de Corcubión daba inapelable remate a todo este esperpento xudicial de mentes seriamente desquiciadas que pretendían levar a xulgados e tribunais o disparate que rixe tanto as súas vidas como as súas aventuras empresariais e políticas. Por sabido, o fallo non deixaba de ser máis contundente: "DESESTIMANDO el recurso de apelación interpuesto por D. ÚRSULA REGO STERNAT contra la sentencia dictada por el Juzgado de Paz de Camariñas el 3 de mayo de 2012, en el Juicio de Faltas num 91/2012, debo CONFIRMAR Y CONFIRMO INTEGRAMENTE DICHA RESOLUCION". Asemesmo tiña o xuiz na súa sentencia un recordo para os fervorosos e lacrimóxenos nostálxicos e apoloxistas da okupación ilegal: "ninguno de los testigos ha aportado en sengunda instancia con su testimonio hechos concretos sino meras impresiones o juicios de intenciones ... Al contrario, han aportado la descripción de estados de ánimo, conjeturas y en fin valoraciones subjetivas que obviamente no constituyen prueba de cargo suficiente, lo que desemboca en una necesaria confirmación de la sentencia absolutoria y consiguiente desestimación del recurso de apelación". E como guinda final engadía: "Contra esta sentencia no cabe recurso ordinario". Deste xeito, Alberto de Artaza Varasa e Manuel Angel García Insua, Presidente e Secretario do Club Náutico de Camariñas, vían como o seu bo nome de persoas íntegras e honradas non sufría o máis mínimo menoscabo en sede xudicial.
Porque todo este ruido e furia derivado dos delirios de mentes enfermas sí tivo importantes repercusións pero en outros ámbitos: nos da política. En base aos supostos e inexistentes feitos imputados polos okupas náuticos a Manuel Ángel García Insua e agora desmentidos, éste e os seus pais, ao máis puro estilo stalinista, eran expulsados polo Comité Local do PP de Camariñas en xuntanza mantida o 14 de xaneiro de 2012. Os fundamentos dunha decisión que mezclaba de xeito escandaloso intereses públicos e privados, e na que tanto todos os concelleiros populares en Camariñas como os afiliados que despois autoconstituirían o independente e independentista Comité Local se deixaron liar, quedan agora con este contundente fallo xudicial definitivamente aniquilados. Así xustificaba no seu día a expulsión o Presidente Local: "Non podemos admitir de ningunha maneira que un militante do PP faga o que fixo", todo elo porque o envío de "matones" ao CNC foi "a pinga que colmou o vaso", algo que non podía tolerar unha mente legalista e cumpridora que tanto na súa vida empresarial como na política actou sempre guiado pola búsqueda de "dignidade, respeto a democracia (especialmente as votacións das asambleas náuticas) e xente que non busque follón". Foi este un expediente de expulsión sumaria, instruido eficaz e expeditivamente polo ex secretario do PP en Camariñas, aquel que de director do boletín oficial dos golpistas náuticos cando as cousas se torceron e os batacazos empezaron a fluir cun ritmo cadencioso pasou rápidamente a renegado naviero e que agora pretende pasar por fervoroso defensor da legalidade náutica. Alguén que en data tan avanzada como xuño de 2012 en canto líder desa pequena secta ultrafanatizada chamada "Comité Local do PP en Camariñas" defendía en público lindezas como as que seguen sen que lle temblara nin un só pelo do seu peito palomo: no que constituía un escrito desquiciado e delirante, cheo de contradiccións e redundancias, despois de negar que a expulsión fulminante de tres membros da Familia García Insua se tratara dun acto de represalia polos acontecementos do Náutico, sinalaba textualmente "que os protagonistas do expediente causaron momentos de tensión a través de dirixir a presenza de persoas (sic), presuntamente a maioría porteiros de discoteca, que tentaron presuntamente (sic), amedrentar e coaccionar aos socios e clientes alí ubicados nese momento, sendo por tanto un feito gravísimo, onde varios dos firmantes fomos testemuñas, e que debido a súa condición de afiliados ao PP, a imaxe do partido viase manchada por esta deplorable actuación e que foi ampliamente difundida" (se fose pola imaxe do PP, igual agora habería que expulsar a todos, concelleiros e comités locais, e deixar únicamente como afiliados aos membros desta familia).
Pese ao tempo transcurrido dende os feitos imaxinados pola mente desquiciada da totalidade do Comité Local daquel tempo, os seis meses que ían dende xaneiro ata xuño, o Maxistrado do Río do Prado non se arrepentía das súas instruccións sumarias e amosábase sumamente orgulloso dos seus sabios escritos xurídicos: "Nos os catro firmantes, votamos en conciencia e votaríamos o mesmo se nos fora plantexado de novo: apertura de expediente disciplinario contra eses afiliados, máis si cabe sabendo que fai unhas semanas un dos encausados tentou unha orde de alonxamento contra o propio presidente do partido e denigrando aínda máis a imaxe do PP por estas escaramuzas a nivel totalmente público e con tribunais de por medio". Queda claro: aquí no PP de Camariñas o único que conta con licencia para matar (a denuncias) é o Presidente Local, os demáis afiliados a deixarse denunciar e para o que non trague xa virá o célebre xurisconsulto da Carretera do Faro a instruirlle un expediente de expulsión. E agora ¿votarían os catro integrantes do Comité Local de Sabios Expertos do PP de Camariñas o mesmo? ¿Eso a sabendas dese pequeno erro xurídico (¡ay, o Maxistrado!) que sitúa a competencia para instruir expulsións no Comité de Conflictos e nunca nun Comité Local? Neste senso, debe lembrarse que neste proceso de atropelo contra unha familia histórica do PP en Camariñas, fundadora que foi de AP na Costa da Morte (ahí queda eso), contou VIPROGA SL como entusiasta partícipe e colaboradora necesaria ca que agora pretende o director do estercoleiro cibernético habitual, dende a súa perpetua postura da cobardía máis penosa, facer pasar como líderesa do autodenominado Comité Local e futura alcaldesa popular no Concello, a cal acudía entusiasmada ao Xulgado de Corcubión a declarar como unhas das testigos aportadas neste caso e perpetraba a decir dos presentes unhas declaracións guiadas polo odio máis insano e o fanatismo máis ultramontano, e que nembargantes o Xuiz non debío estimar en moita consideración...
Triste e desesperada a situación do PP de Camariñas. Penosa a herencia que se legará para o futuro. Si xa non se vislumbra o máis mínimo futuro para os integrantes da súa actual directiva, finiquitada e amortizada toda ela na sucesión de escándalos máis bochornosos da historia da Costa da Morte, nembargantes o futuro non pode ser máis pavoroso. Por un lado uns concelleiros que ca súa inacción e visto bo a todos os despropósitos e atropelos perpetrados polo seu Presidente Local acabaron por confirmar a súa mera presencia decorativa e simbólica, naderías en estado puro: ilustrativo foi que nin un só deles saíra en público e afearlle a conducta ao Ayatollah popular en Camariñas pola denuncia interposta polo mesmo no Concello de Camariñas en nome de todo o grupo contra o CNC a conta da situación do bar-cafetería. A súa resposta fui perder todos o cu por saír ao día seguinte nas fotos xunto a el e o Presidente de Portos de Galicia dando un garbeo polas obras do Muelle Novo. Pola banda do sector renegado, a minoría sectaria e archifanatizada do Comité Local, a situación aínda é máis pavorosa: xunto ao ex-secretario que se encargou tramitar en solitario todo o proceso de expulsión dunha honrada familia de afiliados, agora apóstata desertor de aventuras navieras, luce ao seu carón a testigo denunciante dunhas inexistentes ameazas e coaccións agora desmentidas vergonzosamente por sentencia firme. A limpia prométese radical e multitudinaria, atopar a un só candidato libre de pecado antóxase unha odisea ciclópea e incerta. E todo elo na voráxine provocada pola estela do que foi o novo batacazo de Úrsula Rego Sternat, o séptimo dentro do proceso inacabable de ridículos xudiciais sucesivos e unánimes que están por vir.
Comentarios
Olveira se fue a la guerra,mire usted,mire usted,que pena....cantand o el pio pio que dolor que dolor que cuarteto,cantan do el pio pio,cantando el pio pio, que do re mi do re fa, nosotros no le deseamos la muerte a nadie y saltamos la estrofas donde este pobre hombre se muere
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.