- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Febreiro 2013 15 Febreiro 2013
O eco da corrupción masiva e impune que asola as altas esferas da nación, dende cabezas coroadas ata libretas gubernamentais, non podía deixar de impregnar o carnaval camariñán, e o xurado de sabios expertos constituido para a ocasión premiou a comparsa caracteriza da dupla de compadres Bárcenas-Rajoy e todo o contubernio corrompido que os secunda. Non se podía deixar de emitir un veredicto máis acorde cos tempos aciagos que nos tocaron por desgracia vivir. Os tempos da desvergonza política máis absoluta. De todos e cada un dos partidos que conforman o réxime máis desprestixiado e ilexítimo do mundo occidental civilizado. E cada día máis.
E alí no Pavillón Municipal de O Areal, no día grande do carnaval camariñán, como único medio presente para recoller a ilusión dos nosos pequenos, o talento transformista dos máis grandes, as excelsas recreacións dos grupos corais, estaba como sempre Camarinas.eu. Abandoando por unha tarde as ineludibles obrigas laborais, captando toda unha longa e robusta galería fotográfica, grabando vídeos que despois haberá que editar e subir a internet, publicando a noticia que inmortalizará para a posteridade un martes de carnaval de 2013 nunha distante e remota vila olvidada por todos os poderes públicos. Para todos menos para Camarinas.eu, a web que sempre estaba alí.










































































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.