- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Febreiro 2013 12 Febreiro 2013
A traxedia máis absoluta golpeaba duramente á familia de José Perez, coñecido popular e cariñosamente en toda a Costa da Morte como Pepe O Mantido, cando debido a un accidente falecía a súa filla Lorenza nas primeiras horas deste martes 12 de febreiro. Producíase este desgraciado golpe de mala sorte preto das 21.00 horas do luns e tras ser trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pouco podían facer os facultativos e así cara ás 2 da madrugada certificaban o seu falecemento. Unha noticia que conmocionaba a todo o Concello de Camariñas e afectaba moi duramente a esta redacción xa que estamos a falar dunha familia moi querida e respetada e que dende que se asentou de xeito definitivo no Barrio de Corea hai xa varias décadas contribuío decisivamente a crear riqueza e postos de traballos en Camariñas a través da empresa de construcción comandada primeiro por Pepe O Mantido e despois polo seu xenro Jose Antonio.
Falecía Lorenza aos seus 53 anos e deixa un fillo, Javier, gran rapaz, gran amigo desta redacción, ao que queremos enviar un saúdo afectuoso e darlle o noso máis sinceiro pésame, aínda que sabemos que nada poderá mitigar a súa inmensa pena e a súa inacabable dor. Como a dos seus avós, esas dúas lendas vivintes que son Pepe e Gloria, a dos seus tíos Maruja e Jose Antonio e a dos seus primos Adriana e Martín. Cébase sen merecelo a desgracia nunha familia traballadora, querida e respetada. Os restos mortais de Lorenza estan sendo velados no Tanatorio Costa de Vimianzo, de onde partirán cara a Carnés para recibir o seu repouso definitivo nun funeral que terá lugar a partir das 17:30 horas deste mércores 13 de febreiro. Nestes aciagos momentos toda Camariñas debe estar compartindo a dor desta familia que tanto ben fixo polo noso pobo e mostrándolles o seu apoio e cariño máis sinceiros. Como o fai esta redacción, sinceiramente afectada por esta desgracia inxusta. Lorenza Pérez Ferrín, que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.

Comentarios
Descansa en Paz Lorenza.
D E P LORENZA
D.E.P. SITA!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.