- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Febreiro 2013 03 Febreiro 2013

Este sábado 2 de febreiro de 2013 a redacción de Camarinas.eu asistía conmocionada á que foi a morte prematura en plena Rúa do Areal do noso querido amigo Jacinto Campaña Lista, un dos grandes referentes musicais da Camariñas que recén saía da Transición de 1975. O motivo do seu falecemento debíose a un paro cardíaco que fulminaba ao noso compañeiro dunha forma letal cando este se encamiñaba a súa misa diaria preto das 19:30 horas. Ata o lugar do suceso, xusto enfrente do Bar José Manuel, trasladábase de urxencia unha ambulancia medicalizada que tentaba reanimar por tódolos medios a Jacinto. O traballo foi en vano e tan só puido certificar a súa morte. O corpo sen vida do noso querido e sempre alegre amigo está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e hoxe domingo celebrarase unha misa de corpo presente adicada á súa memoria ás 17:30 horas. Despois os seus restos mortais serán trasladados ata Coruña onde serán incinerados. Queremos dende aquí dar o noso máis sentido pésame a toda a familia de Jacinto. Sempre quedará na nosa memoria, especialmente añoraremos aquelas animadas conversas musicais sostidas con él, todo un experto co relacionado cos estilos musicais dos 60-70-80, os anos gloriosos do Rock 'n' Roll. Descanse en Paz Jacinto.

Comentarios
Tamén eu teño pasado bos momentos xunto a el, pescando calamares no peirao do Curbeiro. Ere un bo rapaz, e, de veras, sinto que nos houbera deixado.
Aproveito, tamén, a ocasión pa deixar as miñas condolencias ao meu amigo ALEJANDRIÑO, e a TODA SÚA FAMILILA, pola morte DA SEÑORA JOSEFA. Era do tempo da miña nai, e as nosas familias, sempre estiveron moi unidas pola amistade, en especial, cando aínda viviamos no pobo.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.