Novas sobre a XXXI Mostra do Encaixe

Novas sobre a XXXI Mostra do Encaixe

Xa pouco falta para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas recuperando desta volta o seu calendario habitual de semana santa e como é lóxico nestas fechas xorden novas en torno ao evento coas confirmacións de deseñadores e últimos preparativos. Así, aparece o primeiro nome do mundo da alta costura confirmado dentro do cartel desta mostra. Trátase da firma “Devota y Lomba”, a firma de Modesto Lomba, que volve a pasarela camariñá mediante o desfile de “Grandes deseñadores” tras non poder participar nela nas súas dúas últimas edicións, aínda que iso non significou que este deseñador non estivera presente no evento pois formou parte do xurado do “Deseñadores Noveis” no pasado 2019. Segundo Modesto Lomba este é “un regreso natural” e engade que “para Devota y Lomba a vinculación coa artesanía é esencial para o noso proceso de traballo creativo e o encaixe aporta a sutileza e a finura do traballo das artesas, enriquece o resultado final de un vestido ou peza téxtil”. Tamén engade, con motivo da recuperación do calendario de semana santa, que está “desexoso de retornar a vida diaria e aos seus acontecementos, e facémolo incorporando unha peza máis ao noso vestiario: a mascara” ArtEncaixe Continuando coas...
O encaixe de Camariñas en Oviedo

O encaixe de Camariñas en Oviedo

Continúan as accións de promoción da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Despois da presentación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) no mes pasado organizouse  unha pasarela de moda na cidade de Oviedo. O acto tivo lugar o pasado sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava. A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, explicou que “con esta iniciativa, que nace grazas á colaboración coa Asociación de Galicia en Asturias, da man do seu presidente Manuel Fernández Quevedo, queremos continuar promocionando a Mostra e o turismo en Camariñas fóra das nosas fronteiras” e engadiu que “escollemos Oviedo porque queremos afianzarnos como capital da moda durante a Semana Santa e Asturias é un público potencial que pode achegarse neses días”. O desfile estivo composto por dúas firmas como a da reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés e a asturiana Ana Cabranes, habituais da Mostra do Encaixe. Ademais, completaron a pasarela 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores: Rocío Molina e Alba Cobos coa súa colección ‘Enxebre (2)’, Rebeca Mercado con ‘Déjame Encajar’, Candela Rodríguez e Alba Otero con ‘Carrera de Indias’, Josu Santos con ‘Tira y Afloja’,...
Participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

Participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, 16 de Decembro, a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas. O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González. A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alacante, Guipuscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal. Desde a Mostra queren “felicitar a todas e todos os integrantes desta selección final, algúns e algunhas xa vellas e vellos coñecidos deste evento, e que contribúen co seu esforzo a superar un nivel xa de por si alto nos concursos anteriores” comentan e admiten que “O xurado vaino ter moi complicado outro ano...
Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

Logo de que escasos días atrás se confirmara a presenza de Dolores Cortés e Julia de la Cal na vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas (do 8 ao 12 de Outubro nesta ocasión) onte sumáronse dúas personalidades de grande importancia dentro do mundo da alta costura e a artesanía como son Edith del Valle e Charo López. ...
Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Achegase a data na que se vai a celebrar a trixésima edición da Mostra do Encaixe que este ano, por  mor da situación epidemiolóxica, se celebrará durante a ponte do Pilar  (do 8 ao 12 de Outubro) e con ela a lista de nomes que acudiran a cita para presentar os seus proxectos e pezas dentro do marco do encaixe. ...