- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Decembro 2007 24 Decembro 2007
A nosa Taller foi queimada e axusticiada este Domingo

A papeleira máis famosa de España foi asaltada este domingo a plena luz do día e queimada na calle á vista de todo o mundo que pasaba pola rúa. Despois de engalanarse para poder asistir á cea de fin de ano que celebrarán os usuarios de camarinas.eu, algúns gamberros con moita envidia, quixeron axusticiar á nosa querida Taller para que non puidera desfrutar de semellante festa que se aveciña. Aínda que a primeira impresión que tivemos ao chegar xunta o cadáver de Taller foi que se queimara "a lo bonzo", suicidándose por algún dos sus típicos desenganos amorosos...
Deixándonos de bromas, esto xa non ten xeito. Os tolos que están a queimar os containers e as papeleiras que están ao lado mesmo das casas deberían de estar na cadea antes de que ocorra algo moito máis grave, porque non pode ser que se poña en perigo a vida da xente honrada e traballadora de forma tan grave e irresponsable, e que non pase absolutamente nada, sin que ninguén mova nin un dedo para evitar que ocorra unha desgracia maior. Por agora tivemos moita sorte de que estes pirómanos non provocaran unha traxedia e non teñamos que lamentar un incendio de algunha casa colindante, pero todo se andará... Como decíamos anteriormente esto xa non ten xeito. Vai sendo hora de que camarinas.eu volva a coller nunha man a pluma e na outra a espada...
Pero según os últimos rumores pode ser que algún móbil oculto grabara todo o acontecido, imaxes que quedarán na recámara por se volve a pasar outro acto de vandalismo semellante. Imaxes que serán enviadas ás dependencias da autoridade civil pertinente coas caras dos culpables do ultraxe a Taller. Por esta vez deixarémolo pasar, pero se volve a ocurrir outra queima de mobiliario público a memoria de Taller exixirá xustiza...e vinganza. Que quede claro.
Comentarios
OS MOTORES DE "TALLER" FORON QUEIMADOS
Queridos internautas:
Teño que decir que non estou nada contento, con este acto vandálico que sucedeu no meu pobo, A nosa Papeleira TALLER, xa non vai pasar estas festas con nos, nin pode asistir a nosa cea. Eu pediríalle a esta xente (non persoas), que por favor respecten o que non sexa deles. Non queremos ver un pobo "CHEO DE MERDA", queremos ver unha Camariñas Limpa e agradable. Gardemos todos un minuto de silencio e esperemos que esto non volva a suceder.
Todo se sabe,,tiempo al tiempo
Que pena que algún non poda queimarnos a nós,,,,,,,,,,,, ,,
Viva Camarinas.Eu,,, ,olé
Pido que si alguén ve algo destes actos vandálicos no lo comunique,,ou tamen as autoridades correspondentes ,,,a nosa loita e barrer merda no concello,,esta páxina está para servir ben ao pobo,,para barrer gesto,,,para unirnos,,para informar sempre ca verdad,,para divertirnos e para o que faga falta,,,Todos unidos,,,jamás seremos vencidos......................
,,,,Bo Nadal a tod@s,,,,,,,,,,
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.