- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 04 Xaneiro 2013 04 Xaneiro 2013
Agora sí que o sono sucesorio de Viproga SL chegou ao seu fin. A okupación ilegal máis escandalosa de toda a historia da Costa da Morte escribirá esta segunda semana do Ano do Noso Señor de 2013 o seu triste, patético e vergonzoso episodio final. Mediante auto de 3 de xaneiro asinado polo xuiz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión Don Andrés Lago Louro decrétase o lanzamento xudicial definitivo de Viproga SL das instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas para as 13.00 horas do mércores 9 de xaneiro de 2013, se ben os okupas poderán entregar voluntariamente as chaves do local na propia sede do Xulgado o luns 7. Deste xeito, o día tan ansiado pola práctica totalidade dos socios do CNC faise realidade e éstes recuperan por fin as instalacións brutalmente usurpadas polo secuestro máis bochornoso que recorden os séculos nesta antiga Franxa Atlántica.
Será xusto un ano despois (10/01/2012: comenza a Okupación ilegal), tal e como xa adiantaba Camarinas.eu en exclusiva publicada este 28 de decembro de 2012, cando cheguen ao seu fin definitivo as andanzas navieras da problemática familia de Dª. Úrsula Rego Sternat, un ano perdido para a que era naquel entón a institución privada máis importante do Concello de Camariñas debido á vontade egoista e suicida dunha suposta empresa de hostelería. Empresa empeñada en adueñarse polas bravas, a través da política dos feitos consumados, dunha asociación que reunida en multitudinaria asamblea decidira por amplísima maioría a expulsión da concesión do seu bar cafetería de quen xulgaban incompetente para prestar nas mesmas un servizo dunha mínima calidade. Aquela frase de "a miña filla xa non quere saber nada disto" volve a coller actualidade tan só mes e medio despois.
Xa non cabe recurso algún. E nembargantes, esta mesma semana a Vila de Camariñas asistía xa curada de espanto, acostumada hai tempo a tales tropelías desvergonzadas, aos desesperados intentos dun derrotado, envellecido e demacrado político camariñán que percorría tódolos bares chamando arrebatado a un nova asamblea ilegal a celebrar nas instalacións okupadas para ver de achegar entre todos uns pesiños ás depauperadas arcas de Viproga SL cos que sufragar un recurso de casación que non suspendería en ningún caso a execución que agora se ordea taxante e ineludiblemente polo Sr Xuiz Don Andrés Lago Louro. Indicativa esta postura de tratar de manterse a todo trance na concesión secuestrada a daqueles que tanta prisa teñen en que se convoquen eleccións. Pois ben: aquelo que máis temían, o escenario que pretendían evitar a toda costa, o de que as vindeiras eleccións de Xunta Directiva tivesen lugar nunhas instalacións fóra do seu mando, farase fatalmente realidade. A Xunta Directiva convocará eleccións, pero como en calqueira sociedade libre e democrática, éstas terán lugar nun Club Náutico recuperado para os socios e descontaminado de okupas.
Chega con este vergonzoso e humillante desahucio xudicial, capítulo xurídico no que Viproga SL pasará aos anales da historia como lamentable pionero nesta Costa da Morte dos nosos pecados, asemesmo a época da Reconstrucción no Club Náutico. Tal que un país invadido por un agresor extranxeiro que recupera a súa liberdade, ou unha democracia violentada por un tiránico golpe de estado que retorna á liberdade, cómpre facer balance e empezar a reconstruir entre todos a que foi a institución náutica decana desta franxa Atlántica. Primeiro, facendo reconto dos inxentes danos económicos causados polos okupas ilegais e pola mui minoritaria xauría desquiciada que lles brindou apoio, de reclamar ata o derradeiro céntimo perdido neste ano de odisea golpista e de esixir, no seu caso, a adopción das medidas penais correspondentes; de adoptar severísimas medidas disciplinarias con aqueles colaboracionistas da okupación ilegal, que por intereses privados espúreos, por aventurerismo político ou por puro e sinxelo palanganerismo colaboraron a sabendas na ilegalidade que privaba a centos de socios do acceso ás instalacións que por dereito lles correspondían e alargaban a agonía que asolaba o CNC. Só deste xeito, adoptando medidas correctivas exemplares e exemplarizantes, poderase evitar no futuro desmanes como os acontecidos no exercicio finiquitado. E finalmente, premiando a aqueles socios, resistentes dos días aciagos, que de forma valente e decidida fixeron frente activa ou pasivamente (deixando desertas durante un ano as instalacións do CNC) ao golpe de man co que unha minoría radical e violenta acompañada dos inevitables catro palanganeros de turno pretendío facerse dona do Club Náutico.
Deixa este proceso vencedores e vencidos. Entre os perdedores, un PP de Camariñas implosionado, destrozado, reventado en canal tanto polas loitas internas de poder como polas aventuras navieras do seu Presidente Local, en xusto castigo a deixarse mezclar vergonzosamente nos avatares internos dunha asociación apolítica e privada; o que era o seu diario oficial en Camariñas, devenido durante os días iniciais do asalto violento e radical ao CNC en boletín oficial dos golpistas náuticos, elo sen perder a súa impronta eterna de estercoleiro cibernético habitual: todo un conxunto de mentiras e manipulacións, maxaderías e delirios dun pobre memo, medio desacreditado definitivamente, si é que xa non o estaba sobradamente con anterioridade e posterioridade; e a dos ex-concesionarios, Viproga SL, digna sucesora dos éxitos empresariais e de xestión que caracterizaron a Viproga SA, protagonista da única expulsión asamblearia dun concesionario en toda a historia do CNC e que logrou ca súa postura desquiciada e violenta pecharse posiblemente a perpetuidade as portas da hostelería xa non en Camariñas ou na Costa da Morte senón en todo o ámbito galego ¿Quen no seu sano xuizo lle vai alugar un local aos protagonistas dunha das okupacións ilegais máis escandalosas da historia de Galicia? Entre os vencedores, unha Xunta Directiva, firme e consciente da encrucixada histórica que lle tocaba vivir, aquela na que se solventaba a mera supervivencia dunha institución senlleira no ámbito náutico autonómico e un medio, Camarinas.eu, firme dende o primeiro día na defensa da legalidade, da xusticia e da decencia. Nunca estes redactores se sentirán tan orgullosos de si mesmos como nos días de plomo que lles tocaron vivir.
E así querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, a okupación ilegal do tan apetecible a apetitoso Club Náutico de Camariñas, chegou ao seu fin. Desta volta xa sen posibilidade de recurso algún, dunha nova dilación interesada, expulsados os seus reponsables mediante un humillante desahucio xudicial, desarboladas xurídicamente as súas pretensións nun rosario xudicial unánime. Todo reducido, deconstruido maxistralmente, nun sinxelo auto de dúas páxinas, firmado no terceiro día do Ano do Noso Señor de 2013 por un maxistrado do Xulgado de Corcubión que constituía o sexto batacazo xudicial de Úrsula Rego Sternat e da súa moi problemática familia. Poucas veces, tal vez nunca, tan poucos causaron tanto dano.
Comentarios
Si lo logramos, estaremos haciendo honor a cuantos lucharon por todo ello y que, muchos, desgraciadament e, ya no están entre nosotros. Esto sería nuestro mejor regalo de Reyes, a su memoria.
Antonio Puertas
Xa dixen de tal pao tal astilla pero non e millor o arrimado estes pensan que todo arreglan con denuncias o non gañan unha. Nin penal nin social familia de sinvergüenzas. ( Non sei como pode a ver algun camariñan que os apoye).
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.