- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Xaneiro 2013 03 Xaneiro 2013
Tristeza e consternación en Camariñas, especialmente entre o seu colectivo inmigrante, polo falecemento dun dos seus máis coñecidos representantes na Vila das Palileiras. Na media tarde deste mércores 2 de xaneiro de 2013 certificábase o falecemento aos seus 45 anos do noso veciño de nacionalidade marroquí Miloud Talaa. A causa determinante da súa morte foi un derrame cerebral producido pola rotura dunha vea do cerebro que motivou o seu ingreso no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (o antigamente chamado Juan Canalejo) hai xa unha semana ata que na tarde de onte se producía o fatal desenlace.
Casado con Laila e pai de tres fillos (a maior Inn e os pequenos Mohamed e Ayoub) levaba Miloud moitísimos anos de residencia en Camariñas, onde optou por quedarse pese a crise que levou a centos de miles de inmigrantes a voltar aos seus países de orixe, vila na que era especialmente querido e apreciado. Traballaba na venta ambulante e podíamos velo en todas as feiras do concello, especialmente as de Camariñas e Camelle. Por si algún dos nosos lectores quere pasarse a prestar os seus respetos, os restos mortais de Miloud están actualmente sendo velados na Mezquita de Arteixo á espera de que se axilicen os trámites que permitan repatriar o seu cadáver a Marrocos, onde recibrán sepultura na súa vila natal preto de Casablanca. Nestes durísimos momentos a redacción de Camarinas.eu quere facer chegar á súa familia o seu aopio e pésame máis absolutos no medio desta gran traxedia que os aflixe. Miloud Talaa, Descanse En Paz.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.