- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 02 Xaneiro 2013 02 Xaneiro 2013

O numeroso grupo de festeiros de última hora que cara ás 10:00 deste martes un de xaneiro de 2013 estaba a celebrar a entrada do Ano Novo polos arredores do Paseo Marítimo camariñán puido vislumbrar en directo un feito un tanto desacostumado. Tratábase dunh intervención da lancha de salvamento con base no Porto de Camariñas Salvamar Altair que inauguraba deste xeito a primeira alborada do exercicio que recén comenzaba cun exemplo da súa laboura rescatadora. A alerta saltaba debido á unha información que falaba dunha pequena embarcación que se atopaba á deriva. Posto de inmediato o dispositivo de salvamento e obrigada a abandoar nunhas datas tan desacostumados o prácido refuxio ao carón das pedras do Muelle Novo non moito despois retornaba a porto co obxectivo dos seus desvelas: unha sinxela gamela, sen folio nin tripulación que por azares do destino aoltou amarras e emprendío unha solitoria e rebelde viaxe cara a ningures. Finalizaba a súa aloucada fuxida pola Salvamar Altair, as pedras do Espigón Vello camariñán resultaron ser o destino final da súa singladura precipitada.



Comentarios
Polo mar abaixo vai unha gamela,
triste e desprezada súa alma ruxe.
Xa nada quere de nos, e, así, fuxe
petando co plan polo mar que é dela;
e leva os recordos na súa estela,
pedíndolle ó mar e ó vento que á empuxe
cara outro mundo onde o espírito urxe
a outras ondas, pa que miren por ela.
Desexa, como sempre, fachendosa,
navegar polos mares do meu pobo,
como un día eu te vira, queridiña,
sen desprezos, humilde e ben fermosa.
Eu, sempre te hei seguir como un bobo
pola estela do mar que te acariña.
Antonio Puertas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.