- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Decembro 2012 24 Decembro 2012
Aínda fortemente impactados polos acontecementos que tiveran lugar no mediodía da data de autos, a da solemne, multitudinaria e emotiva inauguración da Estatua á Virxen do Carmen, era de preveer que a cea organizada pola Comisión de Festas en honor aos nosos emigrantes fose un éxito masivo. As significativas novidades do programa diseñado polo equipo capitaneado con pulso sereo e timón firme por Rubén Lema lograron que a noite se convertise nun evento festivo do máis alto nivel, o aperitivo ideal dunhas festas navideñas a lembrar polos camariñáns durante anos.
En primeiro lugar ca chegada dun experto equipo culinario de pulpeiras do Carballiño, despois ca clásica sabiduría asatoria de todo camariñán digno de merecer tal nome, responsable da preparación dun sabroso churrasco e despois cunha disco móvil e unha orquestra cas que animar o ambiente ata altas horas da madrugada.
Concebida como unha homenaxe aos nosos emigrantes e como medio de financiación da máis grande festa da Costa da Morte, tal vez haia que ir empenzando a pensar en serio en establecer a data da súa celebración na época prenavideña, xusto no fin de semana anterior á Noiteboa, como prolegómeno das datas especiais que están por vir. Non pode haber mellor anticipo para tan entrañables datas, as dunhas navidades que un ano máis a redacción ao completo de Camarinas.eu ten o honor de felicitar a tódolos nosos lectores. ¡¡Feliz e Próspero Nadal Everybody!!
Comentarios
Pd :A Virxe do Carmen no ten nada con esto,perdoade
"pequeniña si,pero moi traballadora",e l ruso no me hizo caso salio murmurando no se que de los huevos de una figueira oo algo asi
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.