- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 08 Decembro 2012 08 Decembro 2012
Despois de toda unha vida xuntos, parece como se no Máis Alá tampouco puideran convivir separados por máis tempo. Apenas dous meses despois do deceso da súa dona Carmen Pérez Soneira, falecida o 04/10/2012 víctima dun cancro de páncreas, cara ás 8:00 horas deste sábado 8 de decembro de 2012 falecía o Señor Inocencio Castiñeira Suárez. Emigrante en Suiza xunto a D. Carmen durante tantos anos, máis coñecido en Camariñas como Pirucho do Papón, acontecía a súa defunción no Hospital Comarcal de Cee tras uns derradeiros anos nos que por mor dunha fatal enfermedade víose obrigado a convivir cunha cadeira de rodas, poñendo fin desta forma ao período de relativa paz que en canto a felecementos estaba a vivir Camariñas.
O seu velatorio, a semellanza do da esposa de toda unha vida, terá lugar na súa casa familiar da Rúa Pinzón estando previsto que os seus restos mortais saian de alí cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:45 horas tendo lugar o funeral de corpo presente a partires das cinco da tarde. Vaia dende Camarinas.eu nestes tristes intres para uns fillos (Perucho, José Manuel, Silvia e Mari Carmen) e netos que ven como no escaso lapso de dous meses perden ás súas duas cabezas de familia o noso máis sinceiro pésame e condolencias. É por elo que agora constitúe o momento no que as xentes da Vila das Palilleiras deben estar axudando a esta familia a superar este duro trance. Don Inocencio Castiñeira Suárez Descanse En Paz.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.