- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 28 Novembro 2012 28 Novembro 2012
Conmoción e gran tristeza no fútbol da Costa da Morte: un dos mellores xogadores que correu polo seus campos, un extremo todo talento e habilidade, dos de antes, daqueles que xogaban pegados á cal, Luis Campaña Carril "O Cotiño", falecía na tarde deste desapacible e tormentoso mércores 28 de novembro de 2012. Facíao tras unha longa e fatal enfermedade no Hospital Comarcal de Cee aos seus 48 anos e rodeado do cariño dos seus, o da súa nai Sofía, das súas irmáns, do seu fillo Bieito, talentosa promesa do fútbol como o seu pai, que non se separaron desta lenda do deporte nin un só momento durante a súa triste agonía.
Non tivo unha vida fácil o noso amigo Luis, compañeiro de partidos no Café Bar Arnela, onde os redactores que o presente subscriben sempre escuitaban con respeto e atención a súa opinión autorizada e sabia sobre asuntos futboleros a cal non perdía nin cando contemplaba nervioso e ilusionado os partidos do seu amado Barça. A pesares de nacer cunha pequena discapacidade no seu brazo esquerdo superaba con tesón a adversidade e convertíase nun dos xogadores clave da década dos 80 na Costa da Morte: un futbolista cunha impronta especial, ca habilidade propia dun xogador formado na esixente academia de luita futbolera do Barrio do Corea e xa dende xuvenil deslumbraba a aqueles que conformaban o mellor equipo senior da historia do FC Camariñas, os Jamela, Pichurri, Juan do Penedo, Manolo O Panadeiro, Camuel, etc... Unha vez abandoado o fútbol, a desgracia asestaba a Luis a maior traxedia da súa vida cando hai sete anos a súa esposa Belén Pasantes Castiñeira falecía aínda xoven víctima dun cancro fatal.
Este mesmo martes o seu primo Juanillo, redactor xefe dos Deportes de Camarinas.eu, advertía a toda Camariñas sobre o seu grave estado de saúde e unha avalancha de ánimos e bos desexos descenderon sobre uns familiares que se desvivían por estar ao seu carón durante os momentos nos que Luis xogaba o partido máis importante da súa vida. Nembargantes esa é unha batalla da que, nun momento ou outro, todos hemos de saír perdedores. Luis Campaña Carril O Cotiño facíao na tarde dun chuvioso día de inverno, alá a finais de novembro, momento no que falecía aquel habilidoso extremo esquerdo do que se lembraba con admiración nas súas memorias o mesmísimo Francisco González Pérez, Fran, un dos catro ou cinco mellores futbolistas galegos da historia, proba evidente da calidade e talento dun dos grandes iconos futbolísticos da década dos 80 en Camariñas. Os seus restos mortais serán velados non no Estadio Hermanas Patiño, alí onde tantas tardes de gloria brindou a unha aficción e ao seu pobo da alma, senón no Tanatorio Costa de Vimianzo. Ás 16:00 horas sairán os seus restos mortais no derradeiro viaxe cara súa vila natal e as 16:30 comenzará o enterro. Ánimo, forza e o noso pésame á súa familia, tan cercana a nós durante todos estos anos no Café Bar Arnela. Luis, amigo, todo o que xunto a ti aprendimos no bar paradigmático de Corea estará con nos mentras vivamos. Que Deus che teña na súa bendita Gloria. Descansa En Paz. Se pode ser, cun balón de fútbol ao teu carón.





Comentarios
Ahora,mis ánimos y alientos tienen que ser para su familia y para todos sus amigos. Y, para él, ya, UN DESCANSE EN PAZ, AMIGO.
Antonio Puertas
al amanecer cerrastes tus ojos a la vida que te vio nacer cual capulo en flr desprendido del sublime y divino amor. con tu partida dejaste mi alma tan vacia añorando momentos que se han ido en torbellinos de hermosos recuerdos de tu vida y
la mia. A cada instante resurge tu recuerdo en mi memoria,cuando aquellos dias jugueteabas y sonreias sin imaginar que tan pronto tu te irias de nuestras vidas. Te encuentro en la brisa de la mañana, en el trineo de los pajarillos y en el aroma de las flores que pintann mil colores. Tencuentro en el agua fugaz de un rio que arrastran las piedras al vacio y en el lucero de la noche que ilumina esta cruel melancolia. Viviras todos los dias en este corazon que no te olvida ............... .......
jamas olvideremos aquelas partidas no gaviota aquelas tardes..dende aqui mandarte un abrazo meu e de mary ...asta siempre amigo nunca te olvidaremos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.