- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Novembro 2012 24 Novembro 2012

Cara as 20:00 horas do venres 23 de novembro de 2012 un inferno de vento e chuvia abatíose sobre toda a costa galega e o seu signo de destrucción como non podía ser doutro modo atacou con saña no Concello de Camariñas. Contenedores tirados, árbores caídas (Xaviña), ramas esparcidas polas carreteras, polos camiños, e sillas de bares polas rúas. Algunha farola rota: no Muelle do Curbeiro a bombilla dun poste rompeu e quedou colgada dun cable. O vento ululante dáballe voltas alumbrando para todas as direccións como un faro tolo, nembargantes e dacordo cos tráxicos tempos que corren alí onde o dano se fixo especialmente evidente foi no Club Náutico de Camariñas.
Cara ás 9:00 deste sábado aqueles que levaban toda unha noite de sobresaltos e vixiancia continuada, os que velaban o descanso de todo un concello, José Manuel Tedín e Manuel Gómez Figueiras facían acto de presencia no CNC. Un dos iates atracados pola forza das augas soltouse e bateu brutalmente contra un dos pantaláns, os omnipresentes voluntarios de Protección Civil pasaron a embarcación cara o outro lado. Elo debío acontecer máis ou menos á hora no que este temporal especialmente devastador en canto a forza do vento alcazou o seu pico máxico furacanado: as 5-6 da madrugada. Que se saiba as instalacións okupadas non sufriron dano algún: a festa pode continuar e os peliños seguir encharcándose ao ritmo habitual. Sobre todo cando ao redor das 10 da mañán do día corrente xa se podía dar por amortizado o primeiro temporal serio do que vai de ano. Agora todo está en calma e toca evaluar os danos causados. No Club Náutico a calma tardará un pouco máis en chegar e a evaluación dos inxentes danos económicos causados tampouco se fará esperar.
Fotos: José Manuel Tedín Tedín








Comentarios
Camariñas, inda non tiña o Peirao Novo, e as marusías penetraban polas rúas, anegando casas e baixos; subían polo río do prado e ó desbordaban. Cubrían todo ó que hoxe é o espacio cuberto de casas construídas naquelas praderías ateigadas de espadanas.
En certo modo, comprendo aos nosos avós que fixeron uso do Castelo do Soberano.
Os invernos, eran todo un pesadelo ano tras ano para aquelas xentes.
Ninguén podía comprender ós avances que os vindeiros séculos les estaban a deparar. Por iso, é comprensible que tratasen de asegurar as súas vidas e as súas facendas, a cambio, incluso, de quedar sen o monumento mais emblemático do seu glorioso pasado, que xa non les ía a resolver os problemas da piratería.
Antonio Puertas
De todas formas, en algún momento, nos veremos y charlaremos de nuestras vivencias en Belvís, y de otros asuntos que vayan surgiendo.
Entretanto, reciba un cordial saludo.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.