- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Novembro 2012 18 Novembro 2012

Continuando a liña informativa ca que se cubrío o caso da okupación ilegal máis escandalosa en toda a historia da Costa da Morte, aquela que parte da equiparación e equidistancia entre puros e sinxelos okupas e a lexítima Xunta Directiva dunha entidade con máis de 20 anos de exitosa existencia, publicábanse a peito descuberto as declaracións dun político profesional, con todo o que elo conleva de sombras de sospeita sobre a súa credibilidade, o valor da súa palabra e ata da súa decencia. É por elo, que aquí en Camarinas.eu procederemos a deconstruir o conxunto de memeces que conforman o maior esperpento xornalístico da nosa época. Bastaba para evitalo con documentarse un pouco ou chamar a algún directivo do CNC e contrastar as declaracións realizadas polo que foi xerente de VIPROGA SA, aquela empresa de seguridade que deixou sen pagar ata o día de hoxe as nóminas de ducias de traballadores. Unha obra artística, en definitiva, máis propia do teatro do absurdo, da literatura surrealista, dunha comedia grotesca. Unha obra dual narrada por Daniel Rego González e trasladada ao papel por un xornalista profesional.
Así, os inicios non poden ser xa máis prometedores: "La titular de la empresa Viproga Servicios entregará hoy en el juzgado de Corcubión las llaves de la Cafetería del Club Náutico de Camariñas, del que es concesionaria". Poucas veces un espacio tan reducido, unha sinxela frase, apenas vinte palabras, acolleu tantos errores, inexactitudes e disparates: case un por palabra. Porque que nos saibamos o Xulgado de Corcubión os sábados está pechado, Viproga SL non é concesionaria de ningún Club Náutico (ese precisamente é o problema) senón que o concesionario lexítimo dende o 08/01/2012 é Marcos Tajes Martínez e o sábado pola noite as chaves seguían colgadas dun cravo da parede e as instalacións okupadas abertas ao público. Pero, sen que se saiba moi ben por que, éste seguía renuente a entrar no mesmo e aquelo parecía unha gasolineira no medio do deserto de Arizona.
Nembargantes cando toma a palabra Daniel Rego é cando o sainete alcanza o seu apoxeo esperpéntico, a deformación da realidade alcanza cotas hilarantes. Así comenza falando da súa pobre e ultraxada filla: "Ela non quere saber xa nada disto" (unha pena que sexa xusto agora, ás portas dun vergonzoso e humillante lanzamento xudicial, 10 meses, 300 días despois de que rematara un contrato de aluguer que non foi prorrogado, cando se dea conta de que non quere seguir). "Non fixo nada malo para que a directiva a botase fóra" (neste punto olvida que en toda a historia do CNC, Viproga SL foi o único concesionario en ser rexeitado de xeito masivo polos socios nunha asamblea, unha asamblea precisamente pedida por el de forma insistente. Non foi a Directiva senón os socios no seu conxunto os que meteron para fóra a patadas a Viproga SL). Pero non contento co anterior, o home que levou ao PP de Camariñas a perder tres eleccións municipais consecutivas tenta rizar o rizo: "A súa culpa [señala con ironía y decepción] foi que o seu pai é do PP ( aquí non se para a pensar que igual a culpa fui dunha xestión empresarial desastrosa, ademáis se non quería que o asunto se politizase ¿por que non optou por permanecer calado dende un principio e deixar que a súa filla se defendese por si soa?) e democracia en certos ámbitos de Camariñas non hai, non se respetan as decisións distintas". Con todo, efectivamente aquí temos que concluir que Daniel Rego ten razón: en certos ámbitos de Camariñas non hai democracia, especialmente nas instalacións okupadas do CNC, ahí sí que non houbo democracia: os resultados apabullantes dunha asamblea de socios se pasaron polos forros e os okupas ahí se tiraron dez meses secuestrando pola forza as instalacións dunha asociación privada ata que no día anterior a un lanzamento xudicial (20 de novembro) decidiron ao parecer entregar as chaves do local, tras ser vapuleados escandalosamente nun procedemento xudicial impecable. Curioso ademáis cando alude a que en Camariñas non se respetan as formas de pensar distintas ¿Está por un casual deslizando unha sombra de sospeita sobre os socialistas camariñáns? ¿Eso cando como é público e notorio éstes posiblemente non cheguen nin ao 5% da masa social do CNC? Non é ningún segredo que o CNC nunca foi ideolóxicamente demasiado afín ao socialismo. En verdade, ¿cantos socialistas de carnet pode haber no Náutico? ¿Tres? ¿Cinco? ¿Dez como moito? ¿Eso nunha entidade con máis de 200 socios? ¿Foron éstes os que lle botaron a perder o negocio a Viproga SL?
Volve pois deste xeito Daniel Rego a tentar levar o asunto do CNC ao único campo que realmente domina dalgunha maneira: o da política, xa que no empresarial xa sexa en Viproga SA ou Viproga SL os resultados e os éxitos son de sobra coñecidos. Elo foi así xa dende os primeiros pasos do intento de golpe de estado no CNC se puxeron en marcha, cando a páxina oficial do PP en Camariñas (popularmente coñecida en certos ámbitos como "Estercoleiro Cibernético Habitual") tentaba influir no ánimo do electorado ante a asamblea extraordinaria do 17 de decembro de 2011 e alertaba sen o máis mínimo asomo de vergonza nin de decencia sobre unha "invasión socialista no CNC". Deste xeito serían estes 3 ou 4 socialistas os que se Viproga SL non continuaba no bar restaurante se farían co poder absoluto na institución náutica decana da Costa da Morte. Nembargantes, como unha ironía do destino, foi un grupo ¡gual de reducido, cinco ou seis nostálxicos, aqueles en realidade que durante todo este tempo foron os únicos clientes habituais das instalacións secuestradas, os que dende a ideoloxía contraria deron un golpe de man e incumpriron un contrato, despreciaron a decisión democrática dos socios e ignoraron unha demoledora sentencia xudicial. Pese a todo esto, aquel que se rasgaba as vestiduras ante unha inasumible toma de poder político do CNC, o así chamado tamén "urinario político de internet", ante este golpe de estado nada dixo. Tal vez porque el era o principal promotor do mesmo, esto a web oficial dun partido político. Ata que se fui polos pantalóns de puro medo, claro.
Continúan despois unhas cantas tonterías máis: "Rego afirma que el período de gestión de la empresa de su hija fue el más fructífero para el Náutico... Nunca na historia do Naútico houbo tantos empregados dados de alta... ela optou por traballar dunha maneira moi seria e correcta". Pero aquí surxen unha serie de dúbidas: Se tan fructífero foi ¿como é que os socios por amplísima maioría se opuxeron á súa continuidade como concesionaria do bar restaurante? Eso repetimos nunha entidade na que probablemente o 80% da súa masa social votaba cando foi a asamblea polo Partido Popular (agora, o 90%). ¿Empregados dados de alta? Ahí o xornalista non tería máis que levantar o teléfono e preguntarlle á primeira cociñeira contratada pr Viproga SL nesta andaina empresarial finalmente tan accidentada sobre a súa experiencia laboral con eles. Ademáis de corroborar como se herdaron as exitosas e impecables técnicas de xestión do persoal que sempre caracterizaron a Viproga SA, arroxaríase luz sobre a concepción culinaria e gastronómica que a empresa da filla de Daniel Rego tiña para a explotación do negocio e que tivo como exemplo paradigmático a Cea de Socio de agosto de 2011. Todos aqueles que asistimos ao evento en cuestión non o olvidaremos no resto das nosas vidas: máis de 160 comensais que non saían do seu asombro, atónitos ante aquelo que se lles ofrecía. Alí sí que foi onde a empresa ex concesionaria cavou a súa tumba. Neste punto cómpre lembrar respecto á mencionada primeira cociñeira que estamos a falar dunha impecable profesional da cociña, de amplia experiencia, persoa respetada e querida en Camariñas e que acabou con Viproga SL do mesmo xeito que soían acabar os traballadores con Viproga SA. Finalmente, o epitafio deste conxunto de mamarrachadas non pode ser máis ilustrativo e irreal: "Anque gane (o recurso que ten plantexado ante a Audiencia Provincial), non sei si volvería con esta directiva que está agora". Por eso pode estar tranquilo e suprimir as súas dúbidas, que pedir non lle van a pedir que volva (¿Para que?¿Para que lle okupe ilegalmente as instalacións outros 10 meses?)
Así pois, cando xa estaba todo perdido, cando un xuiz e un batallón policial xa se avizoraba no horizonte para un 20 de novembro, data con toda a pesada carga simbólica que otorga a historia, levar a cabo un humillante e vergonzoso lanzamento xudicial, cando todo está xa claro e non hai máis saída, Daniel Rego puido optar por calarse e marchar polo menos co pouco resquicio de dignidade que permite a presente situación. Recoñecer o vapuleo recibido (xudicial, xurídico, mediático, social, económico), empaquetar as tres botellas que quedan nas instalacións okupadas e marcharse en silencio. Nembargantes e como era de preveer (tampouco nos imos enganar) optou por perpetrar un delirio surrealista que constitúe a enésima burla a uns socios que por mor da okupación ilegal máis flagrante, escandalosa e desvergonzada da historia da Costa da Morte, quen sabe si de Galicia, levan xa dez meses, máis de 300 días, alonxados das instalacións das que son os seus únicos e lexítimos donos. O que vimos este malhadado sábado 17 de novembro de 2012 nas páxinas da edición de Carballo de La Voz de Galicia foi nen máis nin menos que o insulto final.
Comentarios
LUGAR PLAZA DE ORENSE N 11.DELEGACION DEL GOBIERNO.A CORUÑA DE 11-13
PEGA DOZ OZTIA JODE,AAAALLLLGG GAAARRROOOBBBBO OOOOOOOO
Callate Algarrobo que eztoy penzando y si atracamo el banco Curro que lo banco no tien dinero jode,tanto trabaja pa no tene na
Estes toman o pelo a todo Dios.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.