- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 05 Novembro 2012 05 Novembro 2012
Podería haber sido unha desas imaxes nas que ducias de voluntarios se unen nune esforzo agotador e desesperdo para tratar de salvar unha camada de baleas varada sospresivamente en calqueira das praias do mundo. Pero xa era tarde e cando, tras recibir aviso, este sábado 3 de novembro de 2012 os membros de Protección Civil chegaban ao coído de Coenda, ao carón mesmo da senda marina que une Camariñas co Faro Vilán, e contemplaban o que despois se certificou como o cadáver dunha cría de rorcual común. O panorama triste dunha das maiores criaturas animais falecida de xeito irremisible nun illado paraxe camariñán.
Voltaban ao día seguinte os voluntarios de Protección Civil xunto a tres membros do CEMMA, a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, ao lugar dos feitos para que este técnicos especializados na fauna mariña arroxaran un pouco de luz sobre o suceso. E así puidemos saber que estabamos ante unha cría de balea común, dun ano de vida aproximadamente, que seguramente falecía de maneira natural ao pasar frente ás nosas costas dentro da súa ruta migratoria. Falaban dunha posible desorientación que levou a este xigante da natureza en potencia a buscar augas tranquilas e varar fatalmente en Coenda. Alí xusto ao carón da senda marina que une a Vila de Camariñas co Cabo Vilán.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.