- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Camariñas e BurÃa Camariñas e BurÃa
- Created: 11 Setembro 2012 11 Setembro 2012

Despois de que pasara xa casi unha semana dende o falecemento do noso querido amigo Javier Temprano, hoxe comunÃcasenos dende a familia deste xoven camariñán traxicamente falecido na illa de Lanzarote, que a súa nai Lola e o seu tÃo Coto voltarán hoxe mesmo dende as terras canarias cara a súa terra. Sin embargo o cadáver do noso amigo Javi aÃnda terá que facer escala en Madrid e pasar a noite na capital de España debido a que por mor de trámites burocráticos diversos non viaxará no mesmo avión que os seus familiares. Asà e todo está previsto que sobre as 11 da mañá deste mércores 12 de setembro chegue ao tanatorio de San Viciente de Vimianzo o corpo sen vida do noso amigo e, se todo transcurre con normalidade, o enterro celebrarase ás 18:30 horas na Igrexa Parroquial de Camariñas. Ao rematar a misa os restos mortais de Javi serán trasladados ao Cemiterio Municipal de Camariñas onde terá descanso eterno. Dende Camarinas.eu queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia do noso querido amigo Javier Temprano e esperamos que todo este calvario que está pasando especialmente súa nai e que se está extendendo por demasiado tempo remate xa co enterro do seu querido fillo na terra que o vÃu nacer.

