1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Novamente o helicóptero de urxencias voltou a CamariñasDespois duns días de relativa tregua trala cadea de desgracias que aflixiron ao Concello de Camariñas durante os días centrais do presente mes, na tarde deste xoves 23 de agosto de 2012 un novo falecemento voltou a afectar á Vila das Palilleiras por mor doutro infarto de miocardio. A víctima de nome Ginet era de nacionalidade suiza ainda que estaba casada co noso querido amigo Juan Martínez máis coñecido en Camariñas como Juan da Esquipa, veciño da Agra de Abaixo e provinte da Esquipa, na parroquia vimiancesa de Carnés. Esta parexa tiña dous fillos, un deles residente no país helvético, e facía uns cantos anos que viñeran definitivos a vivir para Camariñas despois de moitos anos traballando duramente en Suiza. Dada a voz de alarma, poñíase en marcha o dispositivo de emerxencias e sobre as 16:30 horas chegaba ata o Muelle Novo camariñán o helicóptero de urxencias pero desgraciadamente neses intres esta veciña helvética da Agra da Abaixo xa falecera a causa do infarto tendo que voltar valdeiro o helicóptero cara a súa base. Os restos mortais de Ginet están sendo velados actualmente no Tanatoro Costa de Baio para posteriormente ser trasladados ao de Vimianzo, de onde partirán cara a súa Suiza natal para recibir cristiana sepultura.  Vaia dende aquí o noso máis sinceiro pésame a Juan Martínez e aos seus fillos así como a toda a súa familia neste dolorísimo trance.

Comentarios   

diegoalfr
+1 # RE: Morte por infarto en Camariñasdiegoalfr 23/08/2012 17:03
Dende aquí quero transmitir o meu máis sinceiro pésame a Juan e a toda a súa familia pola tráxica morte da súa muller. Descanse en Paz.
Denunciar ante o administrador
roberto santayo
+2 # RE: Morte por infarto en Camariñasroberto santayo 23/08/2012 18:30
quero dar o meu pesame o meu querido amigo juan..e darye animos e un gran abrazo nestos momentos dificiles da sua vida ..animo amigo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.