1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Aos seus 74 anos falecía Enrique Vázquez Méndez

Este domingo 12 de agosto de 2012 falecía aos seus 74 anos Don Enrique Vázquez Méndez, coñecido popularmente en Camariñas como Enrique dos Catro Ventos. Fui ésta unha vida dedicada á hostelería: despois de moitos anos emigrado en Suiza retornaba á vila que o vío nacer para fundar un dos restaurantes clásicos de Camariñas, o Catro Ventos. Despois de tantos anos aos mandos dos fogóns, ultimamente sempre o podíamos ver andando polos distintos camiños de Buría, era un home sano e alegre. Sempre xovial e con unha boa cara para todos. Levaba xa uns meses ingresado nun Hospital da Coruña onde lle estaban a tratar un problema de saúde que ao final resultou ser o feroz cáncer que acabou finalmente con él este domingo. Despois de máis de 50 anos de exemplar matrimonio deixa á súa muller viuda Pilar (Vodas de Ouro publicadas aquí en Camarinas.eu) e ao seu fillo Enrique así como aos seus netos Jorge e Elena. Os restos mortais de Enrique Vázquez Méndez están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar este luns 13 de agosto a partires das 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise con Don Enrique un dos grandes pioneiros da hostelería no Concello de Camariñas, fundador que fui dun dos restaurantes de toda a vida en Camariñas. Dende Camarinas.eu enviamos o noso máis sinceiro pésame á  familia e pregamos aos nosos lectores que os acompañen nestes duros momentos. D. Enrique Vázquez Méndez Descanse En Paz.
Pilar e Enrique, no día das súas Vodas de Ouro no mes de setembro do 2009

Comentarios   

diegoalfr
0 # RE: Enrique Vázquez Méndez D.E.P.diegoalfr 13/08/2012 08:45
Descanse en Paz Señor Enrique. Un abrazo moi forte a toda a familia.
Denunciar ante o administrador
margainfante
+1 # Enrique Vázquez Méndez D.E.P.margainfante 15/08/2012 00:57
Descanse en paz, señor Enrique, sempre o recordarei con esa sonrisa coa cal recibía o seus clientes.Un abrazo forte a familia, Rique, sñra Pilar, Isabel...etc... ...
Denunciar ante o administrador
roberto santayo
+1 # RE: Enrique Vázquez Méndez D.E.P.roberto santayo 23/08/2012 18:34
mi madre algo tarde ,pero eu vivo neste pueblo e no me entero..estou q non sei q decir,tou temblando..q tanto ye queria eu a este home...cantos conto e historias nesa cociña dos 4 ventos..dios ainda non o creo bikos pilar e animos,tamen a enrique filloe familia..o meu sicero pesame ,sempre se van os mellores..voute recosrdar siempre
Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
-1 # DEPE logo ti de quen es 22/09/2012 10:52
Mi más sentido pésame a la familia y amigos. Don Enrique y su generación mereceran siempre todo nuestro respeto, son la generación heroica que emigró y consiguió un futuro mejor para sus hijos. DEP.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.