- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 10 Agosto 2012 10 Agosto 2012
Continuamos aquí en Camarinas.eu ca cobertura máis exhaustiva aos diferentes sucesos que acontecen no Concello de Camariñas. Desta volta os feitos acontecían no Monte de Mourín, na carretera que leva a Reira, non moi lonxe do Lugar do Cotariño, onde pasadas as 16:00 deste caluroso venres 10 de agosto de 2012 declarábase un incendio. Ao mesmo desprazábase de inmediato a dotación de Protección Civil, os insustituibles e polifuncionales operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO) así como unha dotación de operarios bomberiles da Xunta de Galicia, esto é, unha cuadrilla da SEAGA. As raudas labouras de extinción acometidas conqueriron que o incendio non pasase a maiores e que en cuestión de minutos fora aniquilado na súa totalidade. Nembargantes, por precaución, procedíose ao regado do perímetro queimado para que non volva a brotar o lume no futuro. Neste punto debe sinalarse que con éste, era a segunda vez que na mesma semana se declaraba un incendio en Mourín, despois do acontecido na tarde do pasado domingo 5 de agosto cando ardía un pequeno anaco de monte en outro tramo da carretera que leva dende Mourín ata Reira. Todo o cal fai preveer que posiblemente non será o deste venres o último incendio que se declare neste lugar polo que rogamos aos nosos lectores a máxima prudencia ao circular ben a pe ben en automóvil por Mourín (esas colillas que saen disparadas...). Nembargantes, segundo puidemos saber a última hora en conversa con Pichurri no lugar do suceso atopouse unha botella de gasolina, polo que en principio o fogo podería ser intencionado. Un pirómano anda solto por Camariñas.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.