1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Avenida da Coruña, enfrente do antigo xulgado de paz, foi o lugar do sucesoAínda baixo o forte impacto emocional polo falecemento do xoven Aarón Rojo Luaces, esta tarde a traxedia por mor dun accidente de tráfico voltou a rondar perigosamente por Camariñas. Eran preto das 20:30 horas dun caluroso martes 7 de agosto de 2012 cando mentras trataba de cruzar a carretera xusto enfrente da súa casa na Avenida da Coruña, á altura  do antigo xulgado de paz, Ayoud, un simpático rapaciño de orixe marroquí de nove anos era atropelado por un Opel Corsa conducido por uns turistas. Os testigos do suceso nun primeiro momento teméronse o peor e acudiron raudos a ver o estado no que se atopaba o menor, atoparon a este consciente, seriamente asustado e chorando, cun pequeno chichonciño na cabeza que motivou que unha vez chegada a ambulancia fora trasladado ao Hospital Comarcal de Cee, en principio tan só por precaución. Neste punto debe resaltarse, que Ayoud pertence a unha familia marroquí residente en Camariñas dende xa fai varios anos, a cal é propietaria dunha tenda de alfombras e material diverso  desprazándose ademáis habitualmente o seu pai Milú ás diferentes feiras e mercados da redonda para vender alí os seus productos. Familia traballadora e emprendedora, é moi coñecida e querida na Vila das Palilleiras, onde están perfectamente integrados. Por elo, unha vez pasado o primeiro susto, non cabe senón felicitarse porque este suceso segundo as informacións que temos neste momento non pasara a maiores.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.