- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 26 Xullo 2012 26 Xullo 2012
Agora, aproveitando a espectación que o pánico e a histeria do director do estercoleiro cibernético habitual están a provocar, procede Camarinas.eu a publicar unha noticia que xa levaba aquí algún tempo en stand-by, digamos que buscaba o momento adecuado para saír á luz. Trátase do terceiro batacazo xudicial, tres de tres, sufrido por Viproga SL dende que o proceso de golpe de estado co seu corolario de ocupación ilegal no Club Naútico de Camariñas tomara forma. Trátase dun auto do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Corcubión emitido o 21 de maio no marco das dilixencias previas do procedemento abreviado 00520/2012 polo que o Xuiz D. Iván Barallobre Sánchez decreta o sobreseimento da esperpéntica denuncia presentada por Alberto Fojo Fuentes contra Ignacio Martínez Mañas, Comodoro actual do CNC, por unha inexistente apropiación indebida e das consecuencias de índole penal que elo pode traer aparellado.
Remóntanse os feitos agora archivados definitivamente a marzo do presente ano cando o actual Comodoro presentábase nas instalacións okupadas do CNC para retirar en nome do club as prendas náuticas e demáis material da súa propiedade alí posto á venta. Ante esto a reacción dos ex-concesionarios non se fixo esperar: seguindo a súa habitual querencia de interpoñer denuncias ridículas de todo tipo presentábanse ipso facto no cuartel da Guardia Civil para denunciar que un individuo descoñecido e extrano, provisto dun bigote ameazador, posiblemente un bandido mexicano, se presentara para roubar a sangue e fogo no CNC. O indignante, canallesco e miserable da denuncia en cuestión (que obrigou ante tais declaracións a que a Benemérita se movilizase de urxencia pola vila na búsqueda dun suposto delincuente perigoso ata que o propio denunciado se presentou no cuartel para aclarar que o asunto ía por el) foi que eles sabían sobradamente que estaban a falar de Ignacio Martínez Mañas, persoa que foi durante tantos anos parella sentimental da tía carnal de Úrsula Rego Sternat, alguén co que deberon coincidir nun sinnúmero de celebracións familiares, comidas navideñas, actos do CNC, etc...
Nembargantes, agora que dita denuncia foi desestimada xudicialmente, entra en xogo a que será a segunda parte do proceso. Así, Camarinas.eu está en posesión dos documentos gráficos que poderán probar en sede xudicial que no momento de presentar a demanda os denunciantes coñecían perfectamente a identidade de Ignacio Martínez Mañas e, por conseguinte, a súa condición de Comodoro do CNC. Trátase de dúas imaxes recollidas durante a cea de despedida dos concesionarios do bar-restaurante que antecederon no cargo a Viproga SL, unha familia honrada e traballadora, veciña de Buría, que, vendo o que aconteceu dende a súa marcha, é lembrada actualmente polos socios do CNC pouco menos que como titáns e á que en surrealista entrevista publicada en La Voz de Galicia Úrsula Rego Sternat desacreditou en público. Pois ben, as citadas imaxes reflexan como nun espacio inferior aos 5 metros cuadrados aparecen en mesas contiguas Úrsula Rego Sternat e Alberto Fojo Fuentes e ao seu carón a parella formada por M.T.R.G., tía da anterior, e Ignacio Martínez Mañas.
Unha vez recopiladas estas probas e tras falar co actual Comodoro do CNC, Camarinas.eu está en condicións de afirmar que o abogado do mesmo en breve procederá a interpoñer nos Xulgados de Corcubión unha denuncia por "Denuncia Falsa". Estamos ante un delito regulado no artigo 456 do Código Penal que pode conlevar penas de prisión dende seis meses ata os dous anos e multa de ata 24 meses por uns feitos que parecen recoller como un guante os sucesos acaecidos en Camariñas a conta do esperpento en cuestión: "Los que, con conocimiento de su falsedad o temerario desprecio hacia la verdad, imputaren a alguna persona hechos que, de ser ciertos, constituirían infracción penal, si esta imputación se hiciera ante funcionario judicial o administrativo que tenga el deber de proceder a su averiguación". A esto chámaselle o flujo e o reflujo (Network, 1976). Os batacazos dos ex-concesionarios xa non son só debacles xudiciais en sí senón que, como un boomerang, veñen de volta con consecuencias en principio nada desexables.
Con todo, aquí na redacción decimos todo esto á espera da superior opinión xurídica do orondo e paquidérmico Maxistrado do Río do Prado, sobre todo agora que como director do boletín oficial dos golpistas náuticos anda metido a botar enriba de Camarinas.eu toda a fanatizada e reducida chusma de extrema dereita que él ten a ben comandar. Que siga así, que na Dirección Provincial cada día están máis contentos. E polo tanto, querido accionariado apolítico e independente da web líder da Costa da Morte, seguen a derrumbarse con estrépito todas aquelas xustificacións de índole máis ou menos legal cas que se pretendía defender a okupación ilegal do CNC por aqueles que carecen de toda razón xurídica. Porque batacazos xudiciais haber houbo máis, pero serán contados no seu debido momento xa que aquí as sentencias amontónanse sen tregua: non se olvide ninguén que está pendente de publicar a famosa historia do pufo familiar máis desvergonzado da historia da Costa da Morte, a sentencia firme 00116/2011, que obriga ao condeado a pagar a unha persoa do seu entorno familiar carnal máis inmediato unha cantidade que ascende a 88.438,10 € + intereses e costas xudiciais. Agora que pasou xa un tempo dende que foi dictada, poderíase incluso pensar en facer a vista gorda, pero o que pasa é que aquí en Camarinas.eu temos un lema: o que vai ao banner, vai á portada. E así, querido accionariado, nun triste día do mes de maio do Ano do Noso Señor Xesucristo de 2012, cando toda unha nación andaba embebida co que podía acontecer nas lonxanas terras eslavas de Polonia e Ucrania resultou que os responsables de Viproga SL, antes Úrsula, despois Alberto, sufriron o seu terceiro batacazo xudicial. O terceiro dos moitos que estaban por vir.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.